miércoles, agosto 11, 2004

DIVX, orixes

Ben comezo este blog coa última nova publicada en fozlibre.tk.



¿Que sabemos realmente do DIVX?
- Que é un codec de video que permite comprimir películas.
- Que a SGAE non o pode ver.
- Que foi o primeiro de moitos...


Pois o DIVX (DIgital Video eXpress) comezou alá a mediados dos 90's como un proxecto de Pago-Por-Visión, que tiña como promotor ós almacéns Circuit City e apoiado por diversas distribuidoras de cine e algúns fabricantes de productos electrónicos.

O proxecto consistía na distribución de películas en formato CD e que só poderían ser reproducidas en determinados lectores compatibles (que tamén poderían ler DVD's).
Xunto coa película, o cliente adquiría unha licencia de visionado de 2 días de duración, transcurridos os cales, a película non poderia ser reproducida en ningún lector, a non sei que se abonase outra licencia (que podería ser incluso indefinida).

Este proxecto presentouse alá polo 1995 e calculaban poder dispor dos reproductores no ano 1998.
Estes reproductores sairían á venda uns $100 máis caros que os reproductores de DVD convencionais da época, e disporían dunha conexión telefónica para xestiona-las licencias.


Nin que dicir ten que o proxecto fracasou, algunhas distribuidoras de cine negábanse a sacar películas en este formato se non se vendian determinado número de reproductores, outras simplemente se botaron atrais. Cadeas de videoclubes como Blockbuster negáronse a distrubuir os productos e venderonse menos reproductores dos requeridos polas distribuidoras.

Os almacéns Circuit City perderon uns 100 millóns no intento (pouca cousa para unha empresa que factura "billóns" anualmente).

Os que se arriscaron a comprar un reproductor foron compensados con $100 (a diferencia cun reproductor DVD da época) e non se cobraron + licencias de visionado polas películas vendidas ata o final do servicio).

O resto xa é historia que todos coñecemos: Permaneceu o formato de codificación, e algún avispado comezou a usalo para beneficio da maioría (e non, como tiñan pensado en principio, como "lucro de unha minoría").

Podedes ler + sobre o tema en:

http://club.idecnet.com/~modegar/video/divx.htm

http://club.idecnet.com/~modegar/video/adiosdivx.htm