viernes, agosto 27, 2004

Taxi á americana.



En 1998 un, xa curtido profesionalmente, Luc Besson ("Juana de Arco", "El quinto elemento",...) emprendía a producción dunha das mellores películas de acción europeas da última década do século XX, "Taxi" (en España "Taxi Express").

A cinta trataba de un patético inspector da policía francesa, incapaz de saca-lo carné de conducir, que se tropeza cun taxista novato (pero con moita destreza ó volante) que lle axudará a atrapar a uns ladróns de bancos que usan, como non, potentes vehículos alemáns para as fuxidas.

A producción que a penas contaba con efectos visuales propios de altos presupostos norteamericanos, obtivo unha interesante aceptación por parte do público que deu pé a 2 novas películas-secuela.

Pois ben, parece ser que ós estudios de hollywood (concretamente á Fox) lles pareceu interesante a historia, e decidironse a adaptala (como xa se fixera con "Abre los ojos" de A. Amenabar) ó estilo USA.

O resultado é... bueno, ata decembro non o saberemos, pero xa está rematada a producción e xa comezan a aparecer as primeiras imaxes e impresións.

Visionando o trailer, podedes decatarvos de que efectivamente é unha adaptación do estilo de "Abre los ojos" - "Vanilla sky" (usease, modificacións estéticas para xustificar alto presuposto e cambio de país, pero sen retocar sensiblemente o argumento).

Pero en este caso destaca un cambio importante...
O papel do taxista Danielle, que na orixinal interpretaba Samy Naceri ("Nido de Avispas") e que lle reportou unha considerable fama (polo menos no noso país), na versión usa está interpretada por Queen Latifah ("Se armó la gorda", "Scary Movie 3", "Chicago", "House party 2"...).

Outro retoque interesante da historia é o que corresponde ós malos.
En este caso non se trata dunha banda de alemáns que escapan dos atracos en mercedes, senon que son unha banda de 4 belezas en un BMW.




E como era de esperar, un Peugeot 405 non queda demasiado "Holliwoodense" polo que os de "deseño de producción" decidiron usar un Ford Crown Victoria usado polas compañías de taxi neoiorquinas. Pero hai que recoñecerlles un mérito despois de ver a transformación do coche (por mal que lle pese a Martín jeje).




Aqui van alguns enlaces:

http://spanish.imdb.com/title/tt0316732/ <-- a ficha da peli na imdb

http://movies.yahoo.com/movies/feature/taxi.html <-- o trailer.

[NOTA: este post sufriu modificacións e por ese motivo é posible que se perdese parte do texto orixinal.
Se alguén se decata de algun fallo ou omisión de datos con respecto da versión anterior por favor que o comunique.]