jueves, abril 14, 2005

¿Rigor periodístico? ...



¿Rigor periodístico? ...


...¿Vontade informativa?,... ou máis ben ¿¡ánimo de lucro! e ¡ganas de traballar pouco!?

Xa fai tempo que non aporto nada a esta bitácora (polo que pido excusas), pero quixera resarcirme con este post que sigue en parte a liña temática dos últimos que asinei, pero ó que quero dar un tono algo máis critico.

O tema central do post vai seguir sendo a película Sin City, pero en esta ocasión quixera revisar as primeiras impresións que (eu) percibín, a través da prensa española.

Para os informativos televisivos non deixa de ser, como calquer outro filme, un elemento de recheo para as seccións finais do espacio.

Agora que tratan de ensinarme algo sobre o tema da realización de ese tipo de espacios, algo vou aprendendo sobre como se monta un video a partires da redacción de unha noticia, empregando as imaxes como reforzo visual para enfatiza-lo texto [acerca de este tema hai xente que podería falar máis e mellor], sendo o resultado final o reflexo da visión que ten o/a redactor/a e/ou montador/a sobre o tema da noticia.

Partindo de este detalle, o tratamento que levou a película o pasado mércores nos informativos de unha cadea privada foi o seguinte:

  • Exitazo de taquilla [que si que o é e por algo será!!].
  • Outra peli que adapta un comic (non estou dacordo, + ben é a "traducción" da obra a outro formato, adaptala implicaría aceptar diferencias "non-tan-sutís").
  • Alta carga de violencia e sexo (e aqui saen imaxes de Bruce Willis e Jessica Alba, respectivamente!!!! hai que jod****).
  • Nada acerca do resto do reparto, que non deixa de ser impresionante (ver post anterior ... rebuscade un pouco ou ide directamente ó enlace de arriba).
  • Falaban de que o director era Robert Rodriguez (certo) e Quentin Tarantino (aqui xa me ides permitir discrepar, Tarantino só rodou unha secuencia, a cambio de $1, igual que Rodríguez, rodou unha secuencia en Kill Bill pola mesma cantidade), pero nin mencionaron que o co-director era o mesmísimo Frank Miller.

Cambio agora á prensa escrita.

Seguramente xa saberedes que fai pouco tempo saiu ós kioscos unha nova publicación "pensada para homes" (segun din), que trata dende deportes ata calquer-outro-tema-que-poda-interesar-a-un-home (resulta interesante ver como se explotan os tópicos!!!)

Pois ben, na publicación de esta semana tamén tratan o tema de Sin City, pero dende a perspectiva que usan para o 98% do que sacan na revista (creo q non me fai falta especificar, pero...):

  • Jessica Alba en portada (alias: "la chica de Sin City").
  • 6 páxinas completas adicadas á rapaza (iso significa: 6 fotos a toda páxina... bueno, 5, porque unha é a doble páxina).
  • Por riba din que posou para eles, cando as fotos cantan de lonxe: foron usadas na edición estranxeira de outra publicación deste tipo en novembro do 2003, previo á estrea de Honey.


En canto ó texto... baste decir que o que levo escrito eu en este post o supera en extensión (e iso sen pararme a contar as palabras). Conformanse con "babear un pouco" (literariamente, claro) coa rapaza. Logo introducen as próximas estreas nas que está implicada, cometendo xa aqui o que se poderian chamar un par de "fallos de rigor informativo":

  • Falan dos 4 fantásticos e din que interpreta a Tormenta [¿dende cando tormenta era unha dos Fantastic 4? A quen interpreta é a Susan Storm, a rapaza invisible.]
  • Mencionan tamén Into the Blue, que se non me engano ven a ser un remake de Abismo (The Deep, 1977), pero para eles é simplemente un "thriller xuvevil". (vale que aqui non pode haber fallo porque non contan nada, pero tamén podian poñerlle algo + de empeño ó asunto).


Logo fan un pequeno repaso pola filmografía da actriz (saltandose algun título que eu engadiría, e engadindo algun no que só realiza unha ou duas colaboracións puntuais).

Para rematar, hai algo no que si estou deacordo, en que por fin lle chegou o recoñecemento que merece dende fai tempo.


[P.D.: perdón pola extensión, pero penso que compensa o tempo de ausencia :P]