sábado, febrero 19, 2005

Novidades...[2]



Ben, por fin pasou o entroido e por fin volvemos á "normalidade".

[Do cometario anterior pode deducirse que o que suscribe non lle ten especial afecto a esa época do ano,... certamente, pero iso xa quedou atrais e por sorte ainda queda moito para o seguinte.]

Xa levaba tempo sen aparecer por aqui, e agradame volver con novidades.

Por un lado felicitar a Xulio Villarino polo empeño que sigue poñendo en coidar a súa presencia na rede a través da súa páxina.

Por outro, dar a benvida á blogosfera (como editor, porque xa era colaborador de este medio) ó amigo Sir Goldman que acaba de inaugurar "A Cova do Lameiro", que, citanto ó propio autor, "será a cova que faga de galería para os lenzos pintados pola vida cotiá do mundo que nos rodea".

E para non deixar de lado unha das temáticas principais das miñas publicacións [:P],... Por fin se estreou a páxina web oficial de Sin City (a película) (ver posts anteriores: 1 e 2)

En outra orde de cousas...

Por fin chegou o día no que os españois estamos chamados a dar a nosa opinión acerca da Constitución Europea.
Xa fai un tempo que podemos ver anuncios na tv nos que xente famosa lee algún artigo da propia Constitución. Tamén estamos cansados de ver nas noticias as discrepancias dos propios políticos acerca da necesidade (ou falta da mesma) de unha Carta Magna a nivel europeo.
A media que se foi achegando o día o tema foi adquirindo un protagonismo cada vez maior e tódolos medios (ou a grande maioría, ... ¡¡¿¿quen os conta?!!) se fixeron eco del...

...pero eu sigo estando igual de enterado.

Vale, pode que sexa culpa miña e só miña por non tratar de buscar información, por non adquirir un dos textos impresos, ou por non buscar unha persoa que mo explique...

...pero creo que tampouco son o único en esa situación.

Iso si, para que nos poñamos as pilas e non usemos como excusa a fatiga do traballo e/ou o cansacio post-movida (en eso si que estiveron avispados dado que se celebra un domingo), saiu ó mercado a bebida enerxética do evento: Referendum Plus.

Podedes ver noticias aqui [escolar.net], aqui [elmundo.es] e aqui [informativos telecinco] (se queredes máis: aqui).

En fin, que como eu non son ninguén para dicirvos o que tedes que facer nas urnas (e ninguén deberia selo), so espero que fagades uso do dereito máis importante (que espero tamén estea recollido na Europea): a liberdade de expresión [en toda a súa amplitude].
E xa veremos como remata todo esto.


1 Comentarios:

En 3/06/2005 9:32 p. m., Blogger _Diego111_ dixo...

Un saudo blogeiros!

 

Publicar un comentario

<< Home