¿Ciencia Ficción?
Fai moitos anos recordo ter visto unha película na que Supermán se creaba unha especie de casa no polo norte na cal tiña unha especie de pedestal no que podía insertar unha serie de "cristais" que supostamente tiñan información que él podía consultar.Naquel entón aquilo só se podía catalogar como Ciencia-Ficción, pero agora as cousas cambiaron. Según parece a tecnoloxía de gravación holográfica xa é unha realidade e os "cristais" de Supermán agora son tarxetas transparentes nas que se poden gravar datos. Do mesmo xeito que se gravan datos en calquer DVD ou CD agora poderemos usar tarxetas holográficas para gravar os nosos datos, e coa vantaxe de que a capacidade é considerablemente maior según se anuncia de 30GB nun dispositivo do tamaño dunha tarxeta de crédito.
Invítovos a visitar a páxina (está en inglés, pero enténdese ben :D )
http://techon.nikkeibp.co.jp/english/NEWS_EN/20050608/105586/





1 Comentarios:
Xa lin sobre o tema en /.
O que alí decian (e posteriormente confirmado en outra web) é que as tarxetas en sí ian a sair por un prezo de arredor de $1 (en realidade o prezo eran un 100 iens xaponeses). A verdade non está mal por 30Gb de almacenamento.
A trampa está no prezo das unidades:
- A unidade lectora: 200.000 iens.
- A unidade grabadora: 1.000.000 iens.
Que ó cambio serian arredor de uns 1500€ o lector, e uns 7200€ a unidade grabadora.
En fin, estas cousas fanme recordar aquela época na que as unidades tostadoras de cd a 2x ou 4x só estaban ó alcance de uns poucos afortunados [recordas Zalo? :P].
Publicar un comentario
<< Home