Fenómenos de Pequenas Masas
Nunca vos pasou que, estando nun lugar moi concorrido ou camiñando por unha rúa moi transitada, a xente que vos rodea, ou que camiña cara vós, ou simplemente que que camiña no mesmo sentido no que ides pero lixeiramente adiantada á vosa posición, parece que sufre unha tendencia a aproximarse, chegando a interrompervos o paso ou incluso facer que vós cambiedes de posición.O exemplo máis extendido é o das "correntes de tránsito" dos lugares de ocio nocturno, esas que acostumbran a iniciarse ou rematar nos aseos, pero que se extenden coma se fosen rios nos que é doado entrar, pero que despois resulta moi complicado abandonar mentres non cheges ó destino ó que se dirixe. Pero esa non é a característica que máis chama a atención deses "fenómenos" de pequenas masas. O máis curioso é que, ainda que non queiras formar parte da procesión, e por moito que intentes situarte nun lugar estratéxicamente distante e fora do cauce da corrente, sempre acaba modificando o seu curso para aproximarse á túa posición ata o punto de obrigarte a moverte para non formar parte da mesma.
Como dicia, o exemplo anterior é o máis representativo (¿a quen non lle pasou nunca?), pero non é o único, existen variantes: como a da señora maior que camiña sóa por unha acera [acera ancha, das que permiten circular a 3 ou máis persoas en paralelo], con paso lento pero decidido, describindo un trazado sinuoso debido, se cadra, a que unha das pernas é lixeiramente máis feble. A varios metros por detrais da señora camiñamos apretando o paso, sen chegar a correr, porque chegamos tarde ou porque simplemente queremos chegar á casa. Camiñamos decididos pola mesma ruta de sempre, que coñecemos á perfección, trazando inconscientemente o camiño tantas veces percorrido, deténdonos maquinalmente nos pasos de peóns e reanudando a marcha ó mesmo ritmo de antes. Cando por fin divisamos a señora na distancia, inmediatamente a nosa mente ponse a funcionar sen que nós o solicitasemos para calcular e correxi-la traxectoria, co fin de manter rumbo e velicidade e sobrepasa-lo obstáculo sen percances. Pero a medida que nos aproximamos os cálculos deben ser revisados unha e outra vez dado que o trazado da señora non é todo o predecible que a nosa mente considerou en un principio. Aplicando o "principio de incertidumbre" de Heisenberg [deixando a un lado a física cuantica e centrandose na física de corpos en movemento], diriase que resulta imposible determinar de forma exacta a posición da señora cando cheguemos á súa altura e a velocidade coa que a sobrepasaremos ó mesmo tempo. Dito de outra forma: cando cheguemos á súa altura teremos que aminora-lo paso porque é moi posible que se desvie do seu rumbo e nos corte o paso, iso implica que nós tamén deberemos rectifica-la trazada o que supón unha reducción da velocidade.
Fai tempo que non realizo traxectos rutinarios camiñando, nin tampouco acudo a locales concorridos moi asiduamente, pero recentemente volvín ser víctima de ese fénomeno:
Por motivos de traballo tiven que acudir a un acto público ó aire libre, armado con videocámara e trípode.
Era un deses actos programados para determinada hora, pero ós que hai que aplicar un "factor espera" ó que todos estamos acostumbrados. Ainda consciente e todo do retraso que podia sufri-lo acto [e de feito sufriu], decidín aterme á "Lei do Por Se Acaso" e estar alí con tempo suficiente antes da "hora oficial".
Coloquei, probei, comprobei, reubiqueime, volvín a comprobar ... e cando xa tiña todo listo, tocou esperar igual que o resto da xente que se congregaba no recinto. Cada un facia a espera máis levadeira como podia: xente conversando en grupos desperdigados ou arredor do bar-ó-aire-libre, persoas pendentes dos teléfonos móbiles, un grupo de gaiteiros animaba no fondo do recinto a espera a todo aquel que se quixese acercar, un grupo de cativos xogando ó único xogo que se tercia en estas ocasións e que lles supón unha queima considerable de enerxía de tando corretear arriba e abaixo.
Eu estaba só, e cando instalei o equipo a zona que escollín estaba bastante despexada. Non obstante era consciente de que en canto escomenzase o evento aquelo íase ateigar de xente [como debe ser]. O que realmente me chamou a atención foi que, mentres durou a espera, e unha vez instalado o equipo percibín unha tendencia na xente a rondar a miña ubicación. Algúns facíano consciente e descaradamente, posando para a cámara [que non estaba funcionado], pero eran os menos perigosos xa que, logo de satisfacer o seu repentino ataque de narcisismo voltaban contentos ás súas ocupacións previas.
En cambio os que se achegaban inconscientemente, decidindo traslada-lo seu pasatempo ás inmediacións da cámara eran os que máis perigo supoñían para a integridade física do equipo e actividade cardíaca dun servidor: cativos correteando perigosamente cerca, grupos de adolescentes inquedos dandolle a espalda, beberaxes varios pasando de man en man...
A "Lei de Gravitación Universal" proposta por Sir Isaac Newton propón que a rotación dos planetas arredor dunha estrela é debida á existencia dunha forza de atracción entre os corpos ou "forza da gravidade". Ata os nosos días esta foi a teoría máis extendida e, a falta de outra mellor a que se usa para explicar porque tendemos a caer dende as alturas, porque nos custa máis ou menos levantar algo segundo a masa que teña...
... ¿e se se puidese aplicar ós fenomenos anteriormente citados?
Ben, a esta lei estipula que "a forza coa que dous corpos se atraen e directamente proporcional ó producto da masa de ambos e inversamente proporcional ó cadrado da distancia que os separa", mais para que esa forza sexa o suficientemente potente, as masas deben ser enormes [por exemplo os planetas], e no caso de 2 persoas esa forza resulta insuficiente para que os seus corpos experimenten atracción recíproca dado que o producto das súas pequenas masas é ridículo en comparación coa masa dos astros celestes...
... pero, ¿e se exiten outros factores que influen en esa atracción? Como por exemplo:
- A probabiliade de entorpecer os plans de outra persoa.
- O factor de risco, en canto que se pode romper algo.
- A necesidade de comparti-lo tedio propio con alguén que, visiblemente, está comodamente situado.
Todas estas teorías paracientíficas non deixan de ser conxeturas a modo de chiste provocadas por unha acumulación de situacións similares ás citadas e sufridas en propias carnes, pero que de seguro resultarán familiares a algún lector ó que invito dende aqui a compartir as súas propias teorías acerca dos "fenomenos de pequenas masas".
[Parrafada longa, pero compensatoria pola longa ausencia.]





0 Comentarios:
Publicar un comentario
<< Home