miércoles, agosto 16, 2006

Como saiu o Primeiro Acto de Ollomao?

Hola, antes de nada agradecer os comentarios sobre a asociación Ollomao e a publicidade feita nesta bitácora. Simplemente quería facer unha brebe evaluación persoal do primeiro evento levado a cabo o domingo 13 de agosto.

A xornada empezou, ás 11:30 diante da praza do concello á que acudiron aproximadamente 70 persoas entre familiares, membros da asociación e público en xeral, tamén acudiu a prensa da provincia; de escasa duración, pero concreto e emotivo, tal como se pretendía. Seguidamente nos diriximos ó teleclube, onde se iniciaría unha mesa redonda presidida por Carlos Nuevo e Chemi Lombardero, que nos deron unha lección maxistral de cómo facer labores de investigación e divulgación de xeito riguroso, e de paso nos avanzaron moitas cousas sobre a época da república en Barreiros, traballo que esperamos poder completar algún dia; a este acto tamén acudiu bastante público e algún activo.

Despois dun parón para o xantar e a consabida sesta, ás nove e media proxectouse o filme Aillados, na pista exterior do teleclube. Este filme describe a vivencia ou mellor dito o sen vivir dos represaliados na illa de San Simón, un bo traballo de documentación con testimonios actuais de presos da época.

En canto a Ollomao apesares de ser un colectivo de recente creación, estase a mostrar cunha claridade de ideas propia de asociacións mais veteranas. Se este colectivo continúa activo no tempo, será gracias á súa pluralidade, e preparación interdisciplinar dos membros que a compoñen. Espro que podades xulgar durante moitos anos os traballos que levemos a cabo, e que poda dicir de todos eles, o mesmo que deste primeiro, o colectivo mostrouse contento polo resultado.

Sau2

1 Comentarios:

En 8/17/2006 3:14 p. m., Blogger marce dixo...

Olá, eu estivem aló, como neto de afectado.
Non fum à projecçom, polo que non direi rem dela.
As miñas apreciaçons son:
-Em geral bem. Um dos poemas nom se ouviu, pero é um detalle menor.
-Na apresentaçom dos contertúlios, o rapaz este (o filho de Suso do Fidalgo), liou-se um pouco cos pápeis. Passa às veces.
-Carlos Novo: um pouco longo de mais, cun contido bom para um historiador, pero algo um pouco xenérico de mais para o que esperaba. En concreto, nom me quedou claro como foi que meu avó chegou a estan na corporaçom municipal.
Em geral, som hostil a todo o que pise o tempo dos demais.
-O outro: bem.

 

Publicar un comentario

<< Home