"Enerxía Libre"
Saúdos a todos os contribuíntes e lectores na miña primeira incursión en "Foz Libre"O título parece algo confuso pero coa "explicación" seguro que queda algo máis claro.
No meu repaso diario á información que me chega a través da rede de redes atopei unha noticia que me chamou a atención:
Empresa irlandesa dice haber superado el reto de "energía libre"
Nela, unha empresa Irlandesa, afirma ter conseguido un "xerador infinito de enerxía". É dicir, contradicir a primeira lei da termodinámica e xerar mediante un aparato máis enerxía da que se lle aplica.
Na película "Reacción en Cadea" xa se especulaba con esta teoría, e coas consecuencias dun descubrimento así. Ó parecer o anuncio da empresa Irlandesa non provocou o mesmo fatídico desenlace que na mencionada película.
Será verdade que chegou o momento de contradicir as leis da física coñecida, e conseguir unha fonte de enerxía inagotable¿? Estamos preparados para un descubrimento asi¿? As omnipotentes empresas enerxéticas permitirían un avance desta magnitude¿? Ata donde nos podería levar un descubrimento así¿?...Son moitas as preguntas que poden chegar a surxir cun anuncio así, e supoño que coma sempre, só o tempo nos poderá dar as respostas axeitadas.





2 Comentarios:
jj, de ser certo, (cousa posible coas renovables pero que habería que avaliar o gasto na creación de materiais e compoñentes da distribución da enerxía), a mais dun lle daba un infarto. Gustaríame saber moitas cousas que se rumorean, coma se é certo que fai anos se descubreu un producto dental que che evitaba por completo as caries e só o tiñas que utilizar unha vez cada ano... Bueno, en fin, senon tamen quedarían sen traballo os espias do seculo XXI.
Non nos anticipemos ...
Recordade, se non, aqueles científicos que fai uns anos afirmaron ter descuberto a fórmula para a "fusión fria", e que, despois resultou ser un fraude.
Con respecto ás "fontes de enerxia inesgotables" ... non sei se considerastes ás fontes enerxéticas renovables, porque, ata onde eu sei os medios para conseguir enerxía eólica ou solar non supoñen un consumo do medio de onde se extrae [ventou e sol], ainda que si é certo que os mesmos métodos dependen demasiado dos caprichos dos "elementos".
Por último... non sei eu se xogar con campos magnéticos para conseguir unha fonte de enerxía limpa e inesgotable, o suficientemente potente como para abastecer a toda a comunidade, non traerá consigo danos colaterais.
Zalo, ti mellor ca ningún de nós sabe [estiveche facendo un estudio de campo ó respecto] que os campos electromagnéticos poden causar danos nos seres vivos [e non creo que unha fonte de enerxia tan potente emita pouca radiación electromagnética].
Publicar un comentario
<< Home