martes, octubre 24, 2006

Colecta para sufragar os gastos dun tratamento de cancro

Ola a todos:
Non adoito escribir no blog con demasiada frecuencia, aínda que si o sigo( algún que eu coñezo diría que non escribo por pereza, e non lle falta razón ) Non obstante considero que esta é unha boa ocasión para facelo.Cóntovos:
Hai uns meses ao meu curmán Diego ( máis coñecido como Aleixo) ao que moitos coñeceredes, polo menos de vista, surfeando nas ondas da Mariña, foille diagnosticado un cancro bastante severo. Logo de visitar varios reputados centros hospitalarios da península as esperanzas de curación que lle deron foron bastante remotas. Porén, nesta última semana recalou na clínica privada madrileña "Anderson" onde lle están a praticar unha técnica experimental que pode salvarlle a vida. Desafortunadamente, coma todo nesta vida, ese tratamento custa cartos e por iso os seus amigos abriron unha conta no BSCH para que, calquera que poida e e o desexe, contribúa economicamente e así poder axudar á familia a custear os gastos desa estancia e tratamento en Madrid.
Como sei que todos vós empregades este foro para intercambiar experiencias e anécdotas, eu quero compartir isto con vós, esperando que alguén se solidarice e contribúa na medida das súas posibilidades.
Moitas grazas a todos, tanto se contribuídes e aportades algo como se soamente ledes este post e axudades a difundilo entre xente da Mariña.
O número de conta é o seguinte: 0049 0541252490463246001.
Máis datos sobre este asunto podedes consultalos na seguinte noticia que sae en La Voz de Galicia de hoxe.

Saúdos a todos.

3 Comentarios:

En 11/02/2006 7:40 p. m., Blogger ianpaice dixo...

Creo que tamén é oportuno comentar que se celebrará un concerto a beneficio do tratamento de Aleixo na sala Zeppelin o día 3 de Novembro, venres, ás 23:00 da noite, coa actuación de tres grupos de música e con unha entrada de 2€.

 
En 11/03/2006 4:57 p. m., Blogger foz dixo...

Creo que o número de conta correcto é:

0049 0541 25 2490463246

 
En 11/04/2006 6:33 p. m., Blogger JCCV dixo...

Ten razón foz, os tres últimos díxitos non corresponden ao número de conta, así que este remataría en "246".

 

Publicar un comentario

<< Home