miércoles, octubre 18, 2006

Razonando con Haskell

INTRODUÇOM
Pois resulta que a última vez que fum a Lugo, parei a falar com Óscar, e aproveitando que vivia enfrente de Pérgamo, entrei a ver que tinham por alô dentro. Merquei um libro chamado Razonando con Haskell. Un curso sobre programación funcional
Este libro tem os exercícios, junto com outros contidos,disponíbeis na ligaçom de acima.
É moi interessante.
Pero nom é diso do que vinha a falar, senom de que hoje recebim um correio -- nota de prensa, remetido polo grupo Olho-mau.

O CORREO RECEBIDO
Sigo a cópia verbatim (latinazo que significa "textual", sei-no polo esnobe que som ;-) do correo:
«Envío nota da rolda de prensa para presentar o roteiro. A saída é o sábado 21 ás 11:00 horas do almacén de Guxido, de «Celeiro. Percorrido ata a Espiñeira e volta ao almacén, onde será o xantar (cada un que leve a súa comida).
«
«Non faltedes e traede xente se podedes.
«
«Difundide este email.
«
«Un saúdo. Colectivo Cultural Ollomao.»
Como nom o vim por esta bitácora, pois dou-lle publicidade.

UMHAS VERBAS ADICIONAIS
Assi, polo prantejamento do assunto, parece que esta actividade é umha espécie de cópia da que se iniciou haberá uns dous ou trés anos em Fazouro. Dado que eu estivem daquela na Xunta Directiva da Associaçom, e como instigador do tema, vou facer um "breve" relatório dos começos:
Um dia, estábamos eu mais meu pai falando disto e do outro quando nos saiu na conversa algo acerca do rio. Bem, mau pai estava por jubilar-se e gosta-lle ir pescar, aínda que nunca vaia. Entom dixo-me que dixesse na próxima reuniom da xunta directiva que lle remitísemos un escrito à Conselharia de MA para abrir à pesca o tramo final do rio D'Ouro (recalco o DE, porque é parte do nome, a mim estas modernidades de Rio Ouro sentam-me como umha patada na pirindola).
A minha resposta foi: "Se o proponho eu nunha reunión interna non se ha facer nada, di-o na próxima assembleia". E meu dito meu feito, em Rogos e Perguntas, foi prantexado.
Daquela estaba a dar-se um curioso paradoxo: o PPdG estaba a piques de perder o governo da Xunta de Galiza, co cal Isidro de la Cal, empresa proprietária da Piscifactoria do Ouro, estaba a piques de perder a carta branca que até o momento tinha (e tem, pero em menor medida), ademais, o sector da acuicultura estaba a dar um estirom na acuicultura de espécies marinhas, co cal o peso das piscifactorias de augas doces dentro desta empresa estaba a diminuir moito. O que se di umha conjunçom dos astros. Se a isto sumamos a enemizade persoal que nom se esforçam em disimular nem Cáncio nem António (o encargado da pisci), que vos ei dizer.
O Concelho aproveitou para meter mao, e presionar à pisci pola banda do meioambiente, tanto pola parte do caudal mínimo ecolóxico como pola dos verquidos. Lembro que Isidro de la Cal tivo que fazer um projecto para os tratamentos de efluíntes, e que se pideu consultas aos agentes sócio-económicos. A AVV respondeu que mentres se garantice que os verquidos nom comprometessem a depuraçom da auga, nom punham reparo nengum.
(Nota: nom estou de acordo com esta objecçom. O motivo inicial do interesse da avv polo rio foi a apertura à pesca. Dado que as espécies que se poderiam pescar som salmónidos (Troita: Salmo trutta gardnieri) debera ter-se pedido que se garantize a qualidade das augas para as povoaçons de salmónidos do rio. Evidentemente, a mim ninguém me pideu opiniom antes de remeter resposta.)
Resumindo um pouco, o rio abriu-se à pesca, etc etc, Isidro de la Cal sofriu umha reorganizaçom na cal levarom o procesamento do peixe primeiro para a lonja climatizada de Burela e logo para Vimianzo, botando-lhe as culpas à associaçom, etc etc, e comezou-se o tema no sentido de facer um sendeiro peatonal ao som do rio.
Gone with the wind, book 2:
Em parte por parte da pesca, em parte porque a alguém se lle pasou pola cabeza facer unha rota de sendeirismo, un dia propuxose ir limpar ao rio. No primeiro dos dias, habia un factor adicional, unha axuda da Fundación Alcoa para non sei que, axuda que papamos, por suposto.
Esa primeira xornada foi un éxito, e repiteuse no tempo. Como xa me estou estirando, vou simplesmente citar uns pontos cruciais do assunto, vistos desde a distáncia:
  • Onde as augas sexan someras, o mellor é ir a pé en traxe de neopreno polo rio achaindo os toros que estexam submerxidos mediante o cabestrante dun trator de monte. Quen vaia vadeando, debe levar calzado protexendo os escarpins, ha-os rachar.
  • Onde as augas sexan profundas cumpre ir em chalana, tripulada por un patrom aos remos ou foraborda, un serrista e talvez un auxiliar para cousas de cordas e amarradas.
  • É recomendábel que quen leve motoserra tenha garantida a sua virilidade, para que nom se ponham a discutir por quem tem a polha mais grande, longa, gorda ou dura, usando como vara de medir a cantidade de bezerradas que podam facer com iso que tenhem entre as maos (a espada da serra).
  • Hai que definir antes de começar que é o que se debe e o que nom se deve pinchar, a mim algumha das cortas feitas no rio d'ouro parece-me escesiva, como por exemplo pinchar um amieiro perfeitamente vertical só por nacer no límite da auga do rio, ou em outro caso onde habia unha árbore autóctona e un eucalipto do mesmo tamaño separados meio metro entre si, pinchar só a autóctona e deixar o eucalipto. Está bem pinchar todo aquelo que vaia acabar no fondo do rio, pero hai que definir unha inclinación ou algo similar, que se poda medir in situ, para saber que é o que se pode e o que nom se pode tirar.
  • A xente vaio polo interesse. Exemplos: no caso de Fazouro, se um político local nom participase en cada unha das veces que se foi, caseque de certo que se teria deixado de ir. Claro, a gente que vai por isto vai ao que vai e importan-lle tres collons moitas cousas. Outro exemplo é a gente que vai a cambio dunha carroceta de lenha.
  • Um interesse que bem manipulado pode dar moito jogo é o da lenha: se a madeira que se saque se dá aos participantes, ha ir mais gente. Mesmo é posíbel conseguir carrocetas con pluma e cabestrante se se lles dá a madeira (que eles venderán). O problema é que queiran a que está enchoupada no fondo do rio.
best2u

4 Comentarios:

En 10/19/2006 4:49 p. m., Blogger Barri dixo...

Boas Marce: a nosa intención, como se explica na nota de prensa, non é limpa-lo rio (xa non estamos preparados para face-lo, é dicir, non temos estudos nin práctica na materia para non deixa-lo peor do qu está). A nosa intención é presionar a Medio Ambiente por medio da aprovación de moción nos concellos afectados para que fagan a limpeza do rio de modo competente.

Un saúdo, e dada a túa experiencia, ápúntate á iniciativa que serás benvido.

 
En 10/19/2006 4:58 p. m., Blogger foz dixo...

Vaia reviravolta sufriu esta entrada, non!!? :D

E vaia como aproveitamos para lanzar "coiteliños" :D

Por outra parte o que + me interesa de todo iso é: ¿Onde dis que está esa librería onde mercaches o libro de Haskell?

Está especializada en libros técnicos?

 
En 10/24/2006 10:29 a. m., Blogger marce dixo...

Nom me foi possível acodir, tivem que subir a Lugo o sábado pola manhá.
Tampouco considero que estivesse rajando a ninguém, simplesmente expuxem as minhas vivências acerca do assunto en Fazouro, o feito de que nom estejam alinhadas co "Pensamento Gonzalo" de nengumha das partes nom implica que sexam más.

A libraria "Pergamo" está na rua de San Roque, Lugo. Esta vai com sentido único desde a glorieta que hai ao final da avenida de Madrid, onde está a papelaria técnica Troll, para a Muralla, á altura da porta de Campo Castello, iirc. Dentro desta rua, está pouco antes do garage/gasolineira, mais ou menos enfrente dum supermercado Dia.
Nom está especializado em computaçom, senom em libros para as engenharias que se estudam no campus, mas tenhem de tanto en tanto algumha cousa interessante.
A próxima que hei mercar é a última ediçom do "The C++ Programming Language", de Bjarne Strøustrup, que me pareceu vé-lo traducido ao castelhano.

 
En 10/24/2006 10:41 a. m., Blogger marce dixo...

Vaia reviravolta sufriu esta entrada, non!!? :D
Um, que tem vocaçom de titiriteiro
Nota Haskell: estou coas Mónadas, som realmente interessantes, a ver se afondo mais no assunto; isto de poder introduzir estados numha funcional pura é interessante --recordemos que ter estado conleva introducir o conceito de tempo (antes e despois) na linguage, e por ende poder usá-lo.

 

Publicar un comentario

<< Home