Farenheit 9/11 vs. Hay Motivo
Esta fin de semana chegou por fin a última película/documental de Michael Moore , "Farenheit 9/11", ós cines da Mariña e, por suposto, tocaba ir a vela.Sen sequera ver a película, xa resultaba curioso como en dúas sociedades tan distantes (española e norteamericana) xurdira o mesmo método de protesta, a reportaxe cinematográfica.
Se ben é certo que ambas iniciativas perseguian o mesmo fin, a concienciación da poboación da necesidade dun cambio de goberno; entre elas existen pequenas diferencias, que parecen tiviais, pero que teñen o seu aquel:
En canto á longametraxe (de curtametraxes) "Hay Motivo", foi unha iniciativa que xurdiu da unión de varios directores e realizadores (e por suposto actores e demais persoal do equipo) que non buscaban lucrarse, senon simplemente protestar por todo aquelo que o equipo de goberno que existian entón (xa sei que non fai tanto, pero habia que aclaralo). A distribución de proxección da obra realizábase de forma gratuíta e, incluso, se pasou por algunha cadea de televisión.
Michael Moore, pola súa parte, non necesitou a ningun outro director de cine que respaldase o proxecto, bastouse e sobrouse el só para realiza-la producción e dirección da película. Sen embargo escolleu os circuitos de distribucións habituais dos filmes de estrea, isto é, distribui a cinta comercialmente, o que lle reportaría seguro beneficios.
Outro dato a ter en conta no caso da iniciativa española é que non tivo o efecto buscado "de por sí", ainda que si axudou a manter viva a chama da realidade social que prenderan todos aqueles manifestantes, en tódalas manifestacións en contra da política do goberno anterior (ou deberia dicir, ... a chama que prendeu o propio goberno?). Lamentablemente, tivo que ser a catástrofe inhumana, provocada só uns días antes das eleccións, o que inclucara unha pequena porción de responsabilidade por todo aquelo en cada un dos cidadáns españoles con dereito ó voto, para que acudesemos ás urnas nunhas das eleccións xerais con maior número de participación.
Todo iso nos fixo maís conscientes, máis reflexivos e espero que igual que nos decatamos (ainda que algo tarde) de que era necesario un cambio, e o conseguimos, tamén esteñamos despertos co goberno actual, sendo igual de críticos e non permitindo que nos tomen o pelo máis veces (sexa quen sexa e caia quen caia).
Dentro de uns meses saberemos se os norteamericanos se comportan igual, ou seguen sendo un país de "ignorantes sociais".
Só hai que ver algun fragmento da película de Moore para decatarse da falta de luces que ten o povo norteamericano. Son manipulables por natureza, non pensan por si mesmos senon que adoptan uns valores preprocesados, dos que estan orgullosos e que eles mesmos denominan "estilo de vida americano".
Condenan os fanatismos, pero non se decatan que o seu sentimento máis arraigado e do que están máis orgullosos (o patriotismo) é, de feito, un fanatismo máis, que pode, incluso, chegar a ser perigoso.
Por outro lado, e a pesar de todo o anterior, hai que aclarar que a película en sí non deixa de ser subxectiva, expresando en todo momento o punto de vista do autor (Michael Moore) que, como tódolos puntos de vista, require unha lectura entre liñas da propia historia.
Entón, ¿a película é recomendable?
Por suposto que a película é recomendable, sempre e cando a tomedes como o que é, un punto de vista de unha persoa (Michael Moore) do que extraer datos para facervos a VOSA PROPIA IDEA SOBRE O TEMA.
Free Culture, free minds || Cultura libre, mentes abertas.





0 Comentarios:
Publicar un comentario
<< Home