martes, noviembre 02, 2004

Moi boas a todos. Quero iniciar as miñas aportacións no blog cunha cuestión que por coñecida non deixa de sorprenderme: a polémica en torno ao topónimo Coruña.
Como é ben sabido, xa son moitos os anos en que partidarios de "La Coruña" e os de "A Coruña" levan enfrontándose por ver quen leva as de gañar. Pois ben, hoxe ven de escreberse un novo capítulo en torno a esta espñenta cuestión.
O alcalde de Coruña, fiel ao seu propósito de desafiar á lexislación vixente sobre este tema e, que recoñece como única e exclusiva forma para este topónimo a galega, ven de propor nun pleno municipal(por certo, falando en galego, algo inusitado para min) bastante tenso a cooficialidade da forma castelán, porque si, porque el o di e porque os coruñeses maioritariamente o prefiren así.
Nada que obxectar, por outra banda, sobre as preferencias dos habitantes desta cidade. É máis, paréceme ben que os que queiran digan "La Coruña" ou "A Coruña" dependendo da opción lingüística que escollan, pero si me irrita bastante que pretendan desbotar a que debe ser forma única e legal en tódolos documentos oficiais e demais tipos de sinalización, rótulos, carteis, etc., pois a lei ampara ao galego como lingua non soamente cooficial co castelán aquí en Galicia, senón que recoñece que no caso dos topónimos as formas máis axeitadas e "correctas", por así dicilo, son as galegas, pois son as enxebres do país e responden a unha realidade cultural propia. A ninguén se lle pasaría pola cabeza, me parece, empregar as formas "Puenteviedra"* ou "PuenteNuevo"* para referirse, respectivamente, a Pontevedra e a Pontenova, pois creo que sería tachado de ignorante lingüístico por tamaña aberración, a parte de resultar bastante ridículo.
Así pois non vexo que problema teñen os habitantes desa cidade por ver que as multas, recibos, notas de prensa, etc, do seu concello aparezan coa forma galega A Coruña, pois ninguén está coartando os seus dereitos lingüísticos, xa que seguirán preferindo e empregando libremente nas súas conversas a forma castelán. Pola contra, conservando o noso topónimo enxebre participaremos na conservación das formas propias da nosa lingua e da nosa "cultura inmaterial", que algúns chaman a ese ricaz patrimonio ideolóxico, cultural e etnográfico que posuímos.
Nota: Falei de Coruña e non necesitei o artigo. Será esta a forma que debemos adoptar para evitar confrontacións? Témome que non é posible.

2 Comentarios:

En 11/03/2004 12:01 a. m., Blogger foz dixo...

Pois fai pouco lia eu unha noticia en /. sobre non sei que evento ou que pasaba na Coruña, e nos comentarios, como era de esperar, empezaron co mesmo tema de si "A Coruña" ou "La Coruña", deixando, incluso, a un lado o tema principal da noticia.

Pois a discusión rematouna un coruñés que sentenciou algo moi simple, pero á vez tan definitivo: "...pois aqui sempre lle chamamos 'Coruña', sen usa-lo artigo...".

E eu preguntome: ¿para que serve realmente o artigo?

 
En 11/05/2004 8:52 p. m., Blogger Telele dixo...

Bién non sei realmente do que falades pero creo que ou non entendestes ben ou eu non vos entendo.
Non sei que dirá a tua lexislación pero si sei o que dice a "ley de grandes ciudades".Eso foi o que se debateu en "a Coruña" ou "La Coruña".
A proposta foi dun "paleto" como tí lle chamas que é o presidente de todos os alcaldes de España.
E a proposta e a cooficialidad do topönimo,e dicir que se pode dicir tanto en galego como en castelan(porque en la Coruña inda que vos joda tamen hai xente de fora)
Na Coruña non discriminamos a naide e vamos por diante de moitos concellos pero non podemos coa xente que se discrimina automaticamente.
O nosolcalde sempre que fala no concello faino en galego pero como xa dixen non ten unha sola función o noso alcalde.
Por certo se queres douche a Lei de grandes cidades.Tamen a hai en galego.

 

Publicar un comentario

<< Home