jueves, octubre 07, 2004

Roubo de Wanadoo...

Bueno, que vaia cabreo que me collín con Wanadoo.
Resulta que durante o ano pasado fun cliente de Wanadoo nunha tarifa plana de 24h, acabado curso escolar dinme de baixa e cobraronme ata o 15 de Julio, enviei os documentos apropiados para dar de baixa a conexión e todo levouse a cabo.
A miña anterior conta xa non funciona e non teño espacio FTP, polo que podemos deducir que xa non son cliente. Pero cal é a miña sorpresa ó descubrir que me cobran en Septiembre outros 20€ de unha conexión que xa non uso.
Intento chamar por teléfono para aclarar o que sucedera sempre con bon talante... e so me contestan nos numeros nos que podeste facer novo cliente, sen embargo nos numeros de reclamación e similares espero máis de 6 minutos e non me collen o teléfono, co que me rouban outros 5 euros.
A cuestión, non sei si recuperarei esos cartos, e máis, dudoo seriamente.
So me queda recomendarvos que non vos faigades clientes de Wanadoo e que cando vos pase un caso similar acudades á páxina da asociación de internautas. Recomendaranvos da millor maneira que poidan.
Sau2.