Adeus a un campión!!
Os aficionados españoles ós rallyes acabamos de recibir unha mala noticia: Carlos Sainz abandona a competición!!O piloto madrileño, bicampion do mundo e catro veces subcampion de rallyes, decidiu abandona-la competición tras 16 anos correndo.
Xa foi un duro golpe cando fai un par de tempadas se separou do seu copiloto, o galego Luis Molla (ahora director técnico do equipo subaru), xunto ó cal nos proporcionou tantas alegrias, penas e algun que outro momento divertido.
O piloto alega que un dos motivos polo que ó final decidiu retirarse da competición é por estar en desacordo coas modificacións que sufriu o reglamento que rixe os rallyes nos últimos anos.
En fin, polo menos quedannos os Vallejo, Puras, ... , etc ... E por moitos anos!!!





0 Comentarios:
Publicar un comentario
<< Home