miércoles, noviembre 02, 2005

BOLSA DE ALUGUEIRO

Supoño que tod@s vos oirades falar desta axuda da Xunta que a verdade está moi ben, non vou negalo, pero como case todalas ideas postas en práctica por un organismo público, acaban tendo os seus inconvenientes (se non os teñen xa de partida). Neste caso o inconvinte é a falta de previsión sobre a cantidade de solicitudes que estan a tramitar. Non quero aburrirvos co papeleo que hai que entregar, para eso está a web http://www.bolsa-alugueiro.xunta.es, só quero darvos un dato: se entregas toda a documentación en Setembro (o meu caso), firmas o contrato en Xaneiro-Febreiro, non está mal. A cousa empeora se o intentas en A Coruña (10 meses de espera). Ah, e por se o estades pensando, si, eu buscara o piso pola miña conta, non tiven que esperar a coller un dos que ofertan (se é que os hai), neste caso non sei de canto sería a espera. Con todo isto non quero desanimar a ninguén, a iniciativa é boa, so que nos presupostos anuais, poderían meter a mais persoal para a tramitación destas solicitudes. Paciencia!!!!!

1 Comentarios:

En 11/07/2005 4:43 p. m., Blogger marce dixo...

Recentemente falavam em "La Voz de Galicia" das trampas que se fam com este sistema:
-Donos que se alugam a si mesmos para chupar a subvençom,
-Alugueres que se fam a persoas que ja alugavam o piso para chupar a subvençom,
-E um aumento caseque geralizado no preço dos alugueres por umha cantidade igual à cantidade subvencionada.

En definitiva, fraude "a tutti plen".
Falta um mecanismo de control, ao estilo: nom se subvencionarám pisos cuxo preço de aluguer seja superior a tanto por metro cadrado ou algo assi.

 

Publicar un comentario

<< Home