sábado, julio 01, 2006

Recibida UBUNTU 6.06 LTS Dapper Drake

Está mañá recibín por fín os discos [gratuítos] que solicitei a principios de xuño da nova versión de UBUNTU: a 6.06 LTS Dapper Drake.

O envío compoñíase de 10 discos [5 para plataforma i386, 3 para AMD64 e 2 para MAC]. Todos eles chegaron en perfecto estado e sin complicación algunha.

Unha das característica desta versión [no referente ó soporte] é que o mesmo disco serve como disco de instalación e LIVE CD.
De feito, para realiza-la instalación, primeiro carga a versión LIVE coa que se pode traballar perfectamente [de feito esta entrada estouna escribindo usando a versión "live" cargada no Athlon 1,7 con 256 Mb de RAM e o modem serial 56Kb para conectarme a internet]. Unha vez cargada a versión live, no escritorio aparece un acceso directo ó asistente de instalación.

Estéticamente difire moi pouco con respecto á anterior versión [5.10 Brezzy Badger], anque cabe destacar o aspecto dos iconos, que nesta versión seguen a guia de estilo do proxecto TANGO.

En canto ás aplicacións incluídas... pois as mesmas que na Breezy [OpenOffice, Gaim, Firefox, Totem, Gimp, Evolution,...].

Se estades interesados en probar, xa sabedes:

- Podedes solicitar que vos envíen discos de forma completamente gratuíta en https://shipit.ubuntu.com/

- Podedes descargarvos as imaxes para queimar en un cd dende http://releases.ubuntu.com/

2 Comentarios:

En 7/04/2006 1:17 p. m., Blogger marce dixo...

Só para MAC... eu pensaba que funcionaba sobre case qualquer PowerPC... umha raçom mais para nom casar com Ubuntu.
Eu tenho-a instalada no Mac, basicamente por motivos histórico. Se na seguinte actualizaçom volta a cascar-me todo, mando-a a passear e meto-lhe umha Debian.
Hai umha nova que passou inadvertida nos médios espanhois (/., masturba-me, etc...), pero que tem umha importáncia grande: MEPIS, a distro essa baseiada em Debian e con escritório KDE, passa-se a estar baseiada em Kubuntu.
Desta forma na actualidade já som polo menos duas as empresas que dam soporte a Ubuntu: Canonical e MEPIS, a primeira coa K como cidadám de segunda e a outra com esta como opçom única.
E tanto falar de Ubuntu...hai opçons mais interessantes desde o ponto de vista do escritório, polo menos mais "radicais", consulta senom a proposta de Gobolinux, ou o escritório metisse.

 
En 7/04/2006 2:08 p. m., Blogger foz dixo...

Vale, en primeiro lugar debo recoñecer un fallo na miña entrada.
Fallo do que me decatei cando xa publicara e que tiña pensado solventar estos días... pero xa se sabe, co traballo e o horario ... pois foi pasando, foi pasando...

O erro foi decir que entre os discos que me enviaron viñan 3 con soporte para MAC. En realidade debería decir que viñan 3 discos de UBUNTU para plataformas Power PC, dado que non sirven para os novos MAC con Intel.

En segundo lugar... non pretendía iniciar unha confrontación dialéctica tipo KDE vs GNOME ou [tal_distro] vs [outra_distro], senón facer partícipes ós lectores da gran política de expansión que adoptou CANONICAL enviando totalmente gratis copias orixinais dos seu producto estrela.

Outro día discutimos sobre distros.

 

Publicar un comentario

<< Home