Linspire Escolle Haskell como linguaxe Predilecta
... para programar nela as suas ferramentas de sistema.Mais detalles em Lambda-the-ultimate.
Esta pode ser umha informaçom útil para todos aqueles que estejam interessados na aprendizage dumha linguagem de programaçom minoritária, e.g. Python (si, digo-o por alguém)
Haskell é umha linguage maiormente funcional, compilada e nom particularmente fácil de atacar. Nela hai escritos deste sistemas operativos e grandes aplicaçons.
Podedes encontrar informaçom acerca dela onde sempre (Santo Gugel).





2 Comentarios:
Todo se andará.
Curiosamente, como proxectos para o presente ano 2006, plantexarame actualizarme un pouco en canto a linguaxes de programación se refire [dado que o pouco que sei esta quedando obsoleto].
Para tal fin escollín [non sei se acertada ou desacertadamente] C# e Python (si, ese Python).
Por qué?
Pois o primeiro porque parto dunha base [C] e porque existe unha grande demanda de programadores en .NET [C# foi creada para esa plataforma], ainda que eu pretendía usar Mono.
A segunda elección veu de que The GIMP usa Python como linguaxe de scripting para realizar tarefas [que supoño] similares ou superiores ós guións de Photoshop CS [que usan Javascript ou Applescript, e cos que teño xa algunha experiencia].
Pero sonche algo vago e, de momento, estou na fase de recolección de documentación... agardo ansioso a fase de experimentación... espero que chegue algún día :P [pero xa digo que estou algo vaguete :D ].
Recordo que, fai uns anos me comentabas a existencia da Haskell, mais daquela non me deu por mirar e lamento decir que non teño nin idea sobre ela.
Lacazám!!!!
E o que é pior: aprender python só para o Gimp, que forma de derramar esforços, home, o gimp tivo a sua época de reinado e se nom fosse pola teima dos seus desenvolventes em fazer o programa para eles e nom para os usuários, até poderiam ter chegado a algo grande (aparte de no tamanho).
Que vá, ho, a que malgastar esforço nisso, se até num mercado que tinham ganhado (o dos formatos especiais de image usados para os filmes) fôrom cagá-la e forcou-se cinelerra. E quando se fala de que é umha alternativa a produtos comerciais, mesmo o Krita, com moitos menos desenvolventes, acadou melhores resultados em menos tempo como reemprazo de Corel Draw.
Home, em que sejas um Gnomista nom me meto, pero hai cousas que nom tenhem justificaçom. O Gimp...
Publicar un comentario
<< Home