O que chegan a facer algúns para conseguir visitas na súa bitácora...
... ou espero que sexa ese o motivo que moveu a esta usuaria de Blogger e un dos seus colaboradores para publica-lo artigo: Linux: A European threat to our computers.Ainda que, se resulta que o artigo expresa o que realmente pensa esa xente... facha, ti ó lado destes pavos eres unha irmánciña da caridade!!! :D
En tec.fresqui.com tomáronse a molestia de publicar unha traducción do artigo, por se queredes rirvos un cacho de/con paridas sen sentido [e que cada un determine se o din de verdade ou non].
Certo ou non, o caso é que a entrada xa vai camiño de acada-los 500 comentarios!!!!
Para ir facendo boca, aí van uns extractos da traducción:
Si ves que una compañía utiliza Linux, es posible que no hayan pagado por ese software. Denúncialos ante la Alianza de Empresas del Software, quienes tienen la autoridad legal de inspeccionar los ordenadores de cualquier empresa en busca de cualquier programa ilegal, como Linux.
¿Y sabes que software utiliza Osama Bin Laden en su portátil?
Si has pensado que es Linux, has acertado del todo. Osama utiliza Linux porque esta diseñado para piratear DVDs, para saltarse el Acta de Copyright Digital y para defraudar a compañías como Disney.
Xa sabedes, ¿para que ides usar un Sistema Operativo libre, gratuíto, respaldado por unha extensa comunidade de usuarios e programadores, elexido para a maioría dos servidores de internet e que, pese á reticencia das compañías comerciais de dar soporte, en poucos anos chegou a igualar [e en casos a superar] ó resto dos sistemas comerciais... podendo contribuía á hexemonía económica en materia informática da nación de G. W. Bush e B. Gates, mercando un producto [de dubidosa fiabilidade] como o Windows?
Via: barrapunto.com





0 Comentarios:
Publicar un comentario
<< Home