viernes, noviembre 17, 2006

Ninjam.com

Para aqueles que me coñezan saben que en a música gustame de sempre e que en realidade son un batería frustrado (solo hai que ver o meu nick). Todos os grupos que coñezo se acabaron desfacendo por problemas de traballo, porque resultaba dificil xuntarse para tocar e para poder estar todos á vez cando facía falla...
Pois resulta que un tal "Justin Franklin" un dos creadores de Winamp é fundador de un novo proxecto chamado Ninjam. "Jam" indentifica unha sesión musical de improvisación e eso precisamente é o que permite, enchufar o teu instrumento musical ó teu ordenador e poñerte a tocar con musicos de todo o mundo.
Diredes que imposible por problemas de latencia e nonseiquemás... pero, cojones, funciona. Comprobadeo por vousoutros mesmos en Ninjam.com. Descargade o cliente (por agora so fixen funcionar o de Windows, compilando Linux...fatal error!!!) e poñedevos a escoitar a musicos de todo o mundo comunicándose no linguaxe universal, e non falo de matemáticas carallo, falo de música. Sau2.