sábado, enero 20, 2007

Open Graves: Terror USA made in Spain.

Primeira película de Álvaro de Armiñán ["Carne trémula", "Todo sobre mi madre", "Intacto"] como director, onde nos presenta unha historia de terror adolescente, seguindo a liña de películas norteamericanas da mesma temática.

De feito, conta entre o reparto coa actriz norteamericana Eliza Dushku ["Tru Calling"(TV), "Buffy Cazavampiros" (TV)], que comparte cartel con actores nacionais como Martxelo Rubio ou Ander Pardo.

A película foi rodada en España, concretamente entre Madrid e Mundaka (Biskaia).

[E ...si, para os que relacionen Mundaka co surf, decirlles que este deporte está bastante presente na historia.]

A película estrearase aló por maio de este ano no noso país.

Xa sei que a noticia xa é un pouco rancia, pero e que eu acabo de enterarme e esto está algo adormecido.

Enlaces:

"Open Graves" na IMDB
Ficha da película na Wikipedia [inglés].
A noticia de 20 minutos en novembro."