Guademy
Os días 23, 24 e 25 de marzo de 2007 vai decorrer unha reunión de desenvolventes dos escritorios libres KDE e GNOME. Aaron Seigo e Albert Astals Cid teñen confirmada a súa asistencia.O "Call for Hacking" rematou o pasado día 15, pero o programa non foi publicado aínda, cousa que xunto coa lista de colaboradores me provoca reticencias, ou por mellor dicir, terrores pánicos. Tampouco está aberta a inscrición.
Eu máis seguro que me apunte. Non son desenvolvente nen cousa parecida, senón un dos integrantes do proxecto Trasno (TRAdutores Sen NOme), que colabora coa tradución de KDE, é incapaz de escreber unha liña en C++, e sobre de vómitos cando se lle pon código C por diante.
Se hai alguén máis interesado, pódoo levar no coche. Penso ir en principio só o sábado pola maña/tarde e o domingo pola mañá, sen dormir aló.
Espero que ninguén sinta vergoña por acodir a unha xuntanza aonde acudirán programadores expertos. A min polo menos, tráema ao pairo.
Anímase alguén?
Nota: A norma ortográfica oficial tamén me dá noxo. Pero aguántome.





0 Comentarios:
Publicar un comentario
<< Home