Foz Libre
Foz LibreNon sei se tivesteas a oportunidade de comprobar o que o noso estupendo governo esta a facer polos pobres e desamaprados membros da SGAE, que non contentos con grabar con un imposto a cada CD que compres, xa sexa para uso particular ou para uso "ilícito", agora conseguiron converter en delito penal a copia e distribución de material protexido polas leis de autores deste organismo.
Así que xa sabedes, acabouse o TOP MANTA e a venta ilegal de CDS asi como a libre distribución de MP3 a través de programas P2p, os cales a partir de agora estarán vixiados, e non será necesaria denuncia por parte da SGAE para que conste como delito e poida ser penado e castigado.
Se vos interesa saber algo maís da nova lei que entrará en vigor a partir do 1 de outubro podedes botar un vistazo en:
http://www.lavozdegalicia.es/se_galicia/noticia.jsp?CAT=102&TEXTO=3015239





1 Comentarios:
Só un par de detalles:
Non é que entenda moito sobre lexislación, pero se a lei orgánica 15/2003 é a que reforma o código penal, esa lei foi proposta no 2003, e no 2003 gobernaba outro partido. Quero dicir, vale que estes que estan ahora fan mais ben pouco por acadar unha solución satisfactoria, pero a reforma foi proposta polos outros, e, creo que estes estan obrigados a acatar as propostas aprobadas na anterior lexislatura.
A outra cousa que queria aclarar é que tampouco vaiamos a crer o primeiro que nos dí un xornal. Deixemos pasar un tempo e esperemos a que algun experto nolo explique. Eu, por se acaso, quixen consultalo con alguén que sabe máis ca min sobre leis. Xa comentarei aqui o que me conteste.
Publicar un comentario
<< Home