Chegada de NFS Underground 2
Atentos, apaixoados e apaixoadas do motor. Xa comezou a comecialización deste exitoso xogo en terras americanas e, parece que en breve, 25 deste mes ou xa para o mes que ven, se porá a venda en Europa.
Posúe un bo número de coches para escoller e dous deles serán exclusivos para a versión americana: o Honda S2000 e o NSX, probablemente. En canto á versión europea hai que dicir que tamén traerá outros dous modelos exclusivos que só se poderán ver por estes lares. Serán un Opel e un Peugeot exclusivos.
Ademais, como gran novidade, á marxe de darlles aspectos máis agresivos aos vehículos, está a posibilidade de tunear todo o coche, incluso o equipo de son.
Arrancade motores e preparádevos para disfrutar da velocidade, a competición e a preparación exclusiva dos vosos propios coches.
Máis información en:





1 Comentarios:
Eu non é por levarlle a contraria a ninguén pero estiven onte mirando o mesmo tema e leo aqui [elcorteingles.es] que a data de lanzamento é a de hoxe (é dicir, 18/11/2004).
Outra cousa para o amigo castigador: como se ti non te viciases tamén co underground :P!!!!
Publicar un comentario
<< Home