Sobre cine, narcóticos e controis de carretera.
Ahora que pasou a voráxine das eleccións USA, e malia non cumplir o acordado cun amigo respecto a postear unha opinión/reflexión sobre as mesmas (penso que o tema xa foi suficientemente explotado en demasiados medios de todo tipo, lamentoo Guille), creo que é hora de voltar á realidade social que nos toca de máis cerca.Con respecto ó título, o/a que lea este post estarase a preguntar que relación poden ter os tres térmos entre sí. Pensaredes: "vale, no mundo do espectáculo é habitual o consumo de narcóticos", ou "hai pelis sobre policia de narcóticos", pero cal é a relación real entre CINE, NARCÓTICOS e CONTROIS DE CARRETERA ...
Pois EU,... e un par de amiguetes que parece que temos a sorte de ser un "branco recurrente" para os controis de carretera e sempre nas mesmas circunstancias: volvendo para a casa logo de ir ó cine.
Da igual quen conduza ou en que coche vaiamos, se imos 2 de nós, ou os 3 e hai un control de carretera, hai unha porcentaxe moi elevada de que o noso vehículo sexa o escollido de entre tódolos que circulen nese momento polo punto onde esteña situado o control.
Tamén da igual que tipo de control sexa, ainda que últimamente se deron varios casos (e moi próximos entre eles) de controis de "seguridade cidadá", profanamente chamados "controis antidroga", nos que, curiosamente, ós axentes sempre lles causa unha grande impresión ver a miña abultada carteira (desgraciadamente non por estar repleta de billetes) e, claro, o control pasa a centrarse na miña persoa, considerando menos prioritarios ó resto de ocupantes do vehículo.
Todo isto que vos pode resultar gracioso, asegúrovos que realmente o é, sobre todo cando o vives en directo e en primeira persoa. Claro está, ningun dos que nos vemos implicados ten por que preocuparse de este tipo de controis dado que non ocultamos nada. Pero sempre hai pequenos detalles que fan a experiencia interesante.
Asi que, se a algun/ha dos/as que lee este post lle apetece saber como é un rexistro de "seguridade cidadá" sabe que se vai con nós é moi probable que se satisfaga a sua curiosidade.





2 Comentarios:
É curiosa a ligazón que fas entre cine, narcóticos e controis de estrada, pero tan certa como que tamén a vivín ben de cerca. Sería ese un bo título para unha película que quen sabe poderiamos facer nun futuro, aínda que so fose unha pequena curtametraxe para deixar constancia desa tendencia actual ao excesivo número de controis de "seguridade cidadá" que se fan, so pretexto da seguridade precisamente.
Que nos deparará o futuro? Volverei a pasar por ese trámite que ata me resulta xa gracioso? Haberá que esperar á fin de semana e comprobalo
Os que conocemos a Foz creo que entendemos esta persecución a que o teñen sometido, posto que sempre leva consigo unha arma coa que pode amenazar os guardias... refirome claramente a ese dedo rematado nesa arma mortal que todos coñecemos!!!
Ese dedo que con un movemento rápido pode seccionar cuellos, cortar metal e sobre todo destrozar teclados...jejeje.
Sau2.
Publicar un comentario
<< Home