Véspera de Tódolos Santos
Durante a pasada ponte de Tódolos Santos os medios de comunicación centraron os seus obxectivos no alumbramento da "herdeira do Herdeiro" [Benvida Sexa e noraboa ós pais] relegando a un segundo plano os temas que levaban semanas preocupando á sociedade española [bueno, un par de días que descansamos de tanta gripe aviar, estatut, e folgas].Mais, como en toda ponte e/ou periodo de esparcemento, non podian faltar as mencións ós temas propios da tempada, que en esta ocasión eran as operacións "Saida" e "Retorno" [como non!] e o engalanamento dos cemiterios. Ainda que este ano, entre todas esas noticias, tamén se fixaron na que, segundo dicen, é unha tradición importada que empeza a ter bastantes adeptos.
Falamos, como non, de Halloween [es.wikipedia.org].
Son moitos os defensores e moitos os detractores de que este tipo de tradicións foraneas se abran un oco en este país. Mais non todos os que defenden nin todos os que rexeitan o fan con pleno coñecento de causa.
En primeiro lugar, a tradición de Halloween non é norteamericana, se ben si que hai que agradecerlles a eles o cariz que acabou tomando como "evento socio-comercial".
A celebración da Véspera de Tódolos Santos remontase a unha tración dos pobos celtas [entre os que, mal que pese a algúns, se atopa Galicia], para os que o día 31 de outubro remataba o ano, é dicir, que o ano novo seria o día 1 de novembro.
A Igrexa Católica, no seu afán de "cristianizar" tódalas celebracións "paganas" co fin de que a conversión supuxese un cambio menos brusco ós "infieis", adoptou dita celebración convertindoa na festividade de defuntos ou "Día de Tódolos Santos".
A mediados do século XIX, en plena expansión colonial das Américas [do norte], uns emigrantes irlandeses [outra rexión celta] levaron consigo ó "novo mundo" as tradicións da "véspera de tódolos santos", é dicir, as disfraces, as cabazas e, claro, a veneración ós defuntos.
Segundo o diccionario Webster, a palabra Halloween resulta da contracción da frase "All Hallow Even" [sinónimo de "All Saint's Even" = "véspera de tódolos santos"].
En este enlace tedes un texto en galego que explica a tradición celta e como foi "adoptada" polo Catolicismo un pouco máis en profundidade.
Para rematar só comentar que meu pai aínda recorda que na súa xuventude xa vaciaban cabazas, recortabanlles uns ollos, unha boca e un nariz e metian unha vela acesa dentro para amedrentar a algún incauto... e todo iso moito antes de que John Carpenter fixese a súa contribución para que acabase de relacionar a "Véspera de Tódolos Santos" con algo típicamente norteamericano.





0 Comentarios:
Publicar un comentario
<< Home