jueves, septiembre 16, 2004

Outra excentricidade da tv norteamericana!

Xa non saben que facer para captar audiencia!

A última foi o que sucedeu recentemente no programa que inauguraba a 19ª tempada do programa "The Oprah Winfrey Show".

A presentadora estrela da televisión norteamericana, regalou UN COCHE NOVO a cada un dos asistentes como público ó programa.

O regalo, 276 unidades do modelo Pontiac G6, valorada cada un en 28400 dólares, supuxolle á empresa un desembolso duns 7 millóns de dólares (ou pensabades que as cadeas yankis eran así de xenerosas?)

Podedes consultar a noticia na edición dixital do USA Today:

http://www.usatoday.com/life/people/2004-09-13-oprah-cars_x.htm

A ver se aprenden as españolas :)
[De momento o programa de Telecinco, "Cronicas Marcianas", quixo emular este "acto de gratitude coa audiencia", regalando un (unha unidade) coche do seu patrocinador a un membro do público (ou iso quixo representar cara a galería).].