jueves, noviembre 18, 2004

O 1º cyborg da historia.

Pois si, parece que aquelo no que tódolos cyberpunks desexan convertise ... isto é, un organismo electrónico, ou o que é o mesmo, un home-máquina, está cada vez + cerca de ser realidade.

Un científico britanico investiga precisamente este campo e, como bo investigador, quixo probar consigo mesmo e leva implantado no brazo esquerdo un pequeno microprocesador.

Será que este home leu demasiados libros de William Gibson ou Neal Stephenson, ou se cadra se quedou pillado nos 80 con Blade Runner. Sexa o que sexa o que o levou a investigar en este campo, tamén o levou a convertirse no primeiro humano que leva implantado un microchip (por vontade propia), e polo que di, pretente chegar a implantar dispositivos electronicos no cerebro humano.

Se queredes + info: www.kevinwarwick.org