martes, diciembre 21, 2004

Cube Zero, Cube e Hypercube...

Unha gran saga que nunca será tan conocida polo gran público como Matrix, O señor dos aneis ou Star Wars pero de seguro que a calquer aficionado á ciencia ficción marcarao para sempre.
Recentemente vin a segunda parte: Hypercube.
No caso da primeira parte Cube tratábase de unha reclusión obligatoria nun cubo composto de moitos cubos xirando con unha lóxica matemática que os presos debían resolver para conseguir escapar.
Hypercube desenrólase nun ¡¡¡Teseracto!!! Ou sexa un cubo de catro dimensión no cal o tempo ten distintas velocidades e realidades paralelas segundo o cubo no que ten encontres. Ainda que esta segunda parte non colleitou tan boas críticas como a primeira e moi recomendable si queres rallarte a cabeza...jejeje.
Estou desexando ver xa Cube Zero, que é unha precuela e en diferentes foros recoméndana especialmente.
O dito, si podedes ide ó videoclube ou usade o Emule, moi socorrido nestos casos.

PD: Por certo unha curiosidade, si queredes entender que é un teresacto recoméndovos esta páxina.

Teseracto ou un documento matemático moi interesesante aqui.

Disfrutadeo...

1 Comentarios:

En 12/21/2004 9:59 p. m., Blogger foz dixo...

Estou completamente deacordo contigo Ian.

Cube é unha das películas fundamentais para os afeccionados ó suspense e á ci-fi.

Eu definiria tanto a CUBE como a CUBE 2: Hypercube como techno-thrillers para un público moi selecto.

Estou ansioso por ver esta nova entrega, CUBE ZERO, precuela da saga, e a que, segundo dín, máis se parece á dirixida por Vincenzo Natali.

Outra que tamén teño ganas de ver, tamén de Natali, é Cypher, que conta, entre outros con Lucy Liu.

Podedes ler unha reseña aqui [zonadvd.com].

 

Publicar un comentario

<< Home