jueves, diciembre 16, 2004

Bolígrafo espacial.

Coñecedes o chiste/anécdota graciosa que leva uns anos circulando pola rede en forma de correo-spam, que conta a odisea dos enxeñeiros da carreira espacial para deseñar un bolígrafo capáz de escribir en condicións de gravidade 0? Dice algo así:


Cuando la NASA inicio el lanzamiento de astronautas, descubrieron rápidamente que los boligrafos no funcionaban con gravedad cero. Para combatir este problema, los cientifcos contrataron a la compañia Andersen Consulting (ahora Accentura) como asesores-consultores, para estudiar y resolver el problema. Emplearon una década y 12.000 millones de dólares para desarrollar un bolígrafo que escribiese con gravedad cero, hacia arriba y hacia abajo, bajo el agua, en prácticamente cualquier superficie, incluso el cristal, y en un rango de temperaturas desde bajo cero hasta mas de 300ºC ......... Los rusos utilizaron un lapiz.


Pois, independentemente de se o considerastes chiste (inventado) ou anécdota (real), o bolígrafo existe. Comercializao a empresa Fisher por un prezo que oscila arredor dos $50.00 (dolares U.S.A.).

Sen entrar en detalles técnicos, o que diferencia estes bolígrafos dos convencionais (aparte do precio) é o mecanismo usado para facer fluir a tinta.

Nos bolígrafos convencionais a carga de tinta está aberta na parte superior para igualar a presión do contedor de tinta coa presión atmosférica, así a tinta flue polo seu propio peso ata a bola da punta.

Como no espacio non hai gravidade este sistema resulta ineficaz.
Pois o tal Fisher solucionouno incorporando unha especie de bomba de gas que impulsa a tinta da carga cara a bola cando ésta (a bola) é presionada contra unha superficie. O sistema permite escribir sen estar suxeitos a normas gravitatorias, en calquer posición (¿quen consigueu algunha vez escribir cun bolígrafo sobre unha superficie vertical ou boca abaixo?), e sobre todo, o bolígrafo non se descarga, dado que en todo momento se controla o fluxo de tinta mediante a presión da bola (se non escribes a tinta non flue, polo tanto, non mancha).