Kevin Smith volve ás raices...
...E con el Jay e Bob o silencioso... ou polo menos eso é o que se comenta.Polo que parece, Smith retoma a historia que o convirteu en un director de culto e despois de varias incursións fora do que poderiamos chamar "Jay_&_Silent_Bob_verso" (admítense suxerencias), vai a cumplir a promesa que fixo, e deixou patente, en Dogma, e vainos ofrecer "The Passion of the Clerks" (ainda que orixinalmente se ía titular: "Clerks 2: Hardly clerkin'").
Para os que coñecedes a obra de Smith, a película contará de novo cos protagonistas orixinais, pero 10 anos máis vellos e, supostamente en circunstancias similares.
Para os que non ... ¿a que esperades para ver as súas pelis?
Polo visto a promesa que fixo en Dogma non foi o único aliciente para poñerse con esta producción. Outra promesa, esta feita a Jason Mewes para que superase os seus problemas coas drogas e así poder volver a interpretar ó descarado Jay tamén sirveu para que Smith nos ofreza a primeira continuación da súa filmografía.
E para aqueles que, ainda que viron "Dogma" non se dan conta de que c*** falo cando me refiro á "promesa que fixo",... unha axuda.
Seguiremos informando.





0 Comentarios:
Publicar un comentario
<< Home