O código Da Vinci na gran pantaia.
Esta semana estreouse en toda España a última película de Nicolas Cage, "La Búsqueda" ["National Treasure"].A película conta a historia duns cazadores de tesouros que van detrais dunha reliquia (que eu supoño será o santo graal ou algo parecido. Vamos que a película ten puntos en común cos 2 libros de Dan Brown publicados en España ("El código Da Vinci" e "Ángeles y demonios"), pero non está baseada en ditos libros.
A película ten boa pinta, e o feito de que Cage a protagonice da algunha garantía extra de que vale para ver (espero non equivocarme). Teño moitas ganas de vela, xa comentarei as miñas impresións.
E para aqueles que oiron falar tanto do libro "El código Da Vinci", pero non se plantexaron o de lelo por falta de tempo ou ganas, hai boas novas.
O libro vai ser adaptado a cine, de feito o proxecto está en pre-producción e xa se coñecen o director [ Ron Howard: "Una mente maravillosa","Apollo XIII","24" (productor executivo),"Felicity" (productor executivo)... ] e o actor que interpretará o papel de Robert Langdon [ Tom Hanks: ... todos coñecemos a Hanks... ].
Seguiremos con atención a pista desta producción e continuaremos informando en canto se sepan máis detalles.





1 Comentarios:
Por suposto que sempre é mellor ler o libro antes de ver a adaptación cinematográfica (pero non só en este caso, recordemos o caso de "La novena puerta" ou "El señor de los anillos".
Pero non vos preocupedes, tedes moito tempo para ler ambos libros, xa dixen que a película está en pre-producción (e ata q se comece a filmar ninguén garante que se vaia a completar o proxecto).
En canto ó libro... é unha novela de ficción, que usa algun que outro dato historico veridico para dar un pouco de morbo á historia. Ninguén di que o que conta sexa certo ou falso (polo menos non é o que pretende o autor). E as críticas que recibiu o libro non fai falta ser moi listo para saber de onde viñeron...
Xa o dixo Maquiavelo (ou creo que foi el), "non existen as críticas desfavorables cando o que buscas é notoriedade" (ou algo parecido), senon que llo digan a Kevin Smith cando estreou "Dogma". :p
Publicar un comentario
<< Home