miércoles, diciembre 15, 2004

Os cambios da triloxía Star Wars.

Para os/as que non se enteraron, acaban de sacar os dvd's da triloxía orixinal de Star Wars (de feito sairon fai algunhas semanas, pero parece que retomaron a campaña publicitaria para estas datas de nadal,... como non!).

Reveirando un pouco pola rede (si reveirando, que estamos en inverno e non son datas de bucear ou surfear), atopei un artigo interesante [zonadvd.com], con imaxes, onde se nos amosa os cambios de imaxe que sufriron as tres películas orixinais da saga, dende 1983 (data de estrea do capítulo 6), pasando pola edición remasterizada de 1997 (en vhs) ata a edición dos dvd's (2004).

O que me resultou máis curioso foi o feito de que en esta reedición en dvd, aproveitando os avances tecnolóxicos, se aproveitase para retocar algo máis que as paisaxes...

Polo visto, Lucas decidiu retocar dixitalmente o rostro de Sebastian Shaw (a persoa que prestou a cara a Darth Vader/Anakin Skywalker) na escena onde Vader se desprende do seu casco para descubri-lo seu rostro humano, e posteriormente reemplazou por completo a súa cabeza pola de Hayden Christensen (actor que interpreta a Anakin Skywalker no Episodio II e interpretará, supostamente, a Darth Vader, no Episodio III). Supoño que o fixo para dar + sentido a nova triloxía e que, ó ser esta a suposta precuela da orixinal, encaixasen mellor as personaxes.
Podedes ver imaxes aqui [zonadvd.com].

A maior parte dos fans considera que este cambio é un erro, eu mesmo teño as miñas reservas sobre o de cambiar, polas boas, personaxes principais 20 anos despois da estrea (para que están os remakes?).

¿Vós que opinades?



Unha curiosidade relacionada (pode que algún/ha de vós xa o soubese, pero eu entereime ahora):

A personaxe de Darth Vader, foi o primeiro papel recurrente (dentro da triloxía orixinal de Star Wars) da historia do cine, interpretado por 3 actores, a saber:

A persoa que estaba dentro do traxe era David Prowse, que tamén foi o entrenador personal de Christopher Reeve [D.E.P.] para o seu papel en Superman (1978).

A persoa que prestou o rostro orixinalmente a Anakin Skywalker foi Sebastian Shaw.

E o actor que puxo a voz de Vader na súa versión orixinal foi James Earl Jones, ainda que en España creo que era voz de Constantino Romero (ver ficha de dobraxe[*] e dobrador [eldoblaje.com] ).


[*] A ficha corresponde a "El retorno del Jedi" por ser a película na que aparecen os 3 actores que interpretan orixinalmente a Darth Vader, pero Romero dobrou tamén a Jones nas 2 primeiras (era de supoñer :P).