sábado, enero 08, 2005

Será por canles...

Mentres nós, simples europeos do sur, nos estamos acabando de habituar ó cambio que supón pasar de escoitar en estereo (alguns aínda en mono) as películas que vemos no dvd , a escoitalas en "surround" [léase dolby 5.1], os señores de Dolby xa están a presentar no " International CES" [Consumer Electronics Showcase], a súa nova xeración de protocolos de codificación de audio "Dolby Digital Plus", que é capaz de proporcionar ata 13.1 canles.

[noticia via engadget.com]

A este paso as películas imos ter que escoitalas en equipo, porque nos van faltar orellas para tantos altofalantes.

Imaxinade o que pode ser entón ver unha de terror só e ás escuras, non sabes por que lado che vai vir o susto.