Actualización: Cidade de pecado...
Xa queda menos para que poidamos disfrutar da adaptación cinematográfica de Sin City.Para os que non saibades de que falo, Sin City é unha das obras mestras do debuxante de comics Frank Miller.
Ós que pensedes que pouco ten de especial, nos tempos que vivimos, unha nova adaptación de un comic, só poido dicirvos ... ¡que enganados estades! (respetuosamente).
Asi como a obra orixinal se desmarca do que entendemos como "comic" [en galego banda deseñada, (gracias Xose)], entre outras cousas pola súa estética coidada, a película ten todas as pintas de que vai convencer tanto a fans como a aqueles que non coñecían previamente a obra (grupo no que me incluo, xa que dende que sei que se ia facer estou documentándome e seguindolle a pista. Gracias playb!).
Para que vexades que non esaxero, aqui van alguns datos:
Co-dirixida por Robert Rodriguez, responsable, entre outras, de Abierto hasta el amanecer, que tamén se encarga da adaptación do guión, xunto co propio Frank Miller.
O casting da película tamén impresiona:
- Elijah Wood [El Señor de los anillos, El buen hijo,...]
- Bruce Willis[Armageddon, El quinto elemento,...]
- Benicio Del Toro[21 gramos, Traffic,...]
- Michael Madsen [Species,..., habitual de Tarantino: Reservoir dogs, Kill Bill,...]
- Brittany Murphy [8 millas, Ni una palabra,...]
- Mickey Rourke [Nueve semanas y media, El fuego de la venganza,...]
- Devon Aoki [Suki en 2 Fast 2 Furious]
e, por suposto...
- Jessica Alba.
Xa se publicaron varios posters (non sei se oficiais) da película, que ainda se está rematando. Todos son bos, pero de todos eles eu escollin este:

Podedes ver unha breve reseña e algun poster máis aqui [empiremovies.com]. No mesmo enlace tamén vos ofrece a posibilidade de visionar un trailer (só para wmp).
Seguiremos informando.
>>>>> ACTUALIZACIÓN <<<<<
Se queredes, podedes visionar o trailer en quicktime player [apple.com].
Tamén podedes descargalo directamente. [xa sabedes,... botón dereito,... e a opción correspondente do navegador que usedes]
Curiosidades:
A historia da película basease en 3 historias da serie de bandas deseñadas Sin City: a novela gráfica orixinal, que da nome á serie "Sin City", "La gran matanza" e "Ese cobarde bastardo". [via imdb.com]
Esta é unha das películas rodada integramente ante un croma. Outra das películas que usou o croma na súa totalidade é "Sky Captain: y el mundo del mañana" que xa está nos cines españois. [via imdb.com]





0 Comentarios:
Publicar un comentario
<< Home