¿Os Milli & Vanilli da Ciencia Ficción?
Pois resulta que navegando, navegando sin sentido por internet e por infinidade de Blogs persoais encontrome con unha información que realmente me sorprende.Resulta que a productora de Matrix e os irmáns Andy e Larry Wachowsky foron denunciados por un residente en Nova York por plaxio de unha obra literaria rexistrada en 1981 chamada "The third eye" que unha vez levada á gran pantaia resultaría unha triloxía chamada: "MATRIX".
As mañas linguas dicen que esta persoa xa foi xenerosamente recompensada con....atención: 2.5 Billóns de dólares.
PD: Tamén se dice que Terminator foi denunciado polo mesmo autor....flipante, non?
Tedes un enlace en inglés aquí .
Sau2.





3 Comentarios:
A denuncia ante os xulgados...
Como aficionado á ciencia ficción e defensor da saga Matrix creo que me toca dar a miña opinión ó respecto.
En primeiro lugar, os Milli & Vanilli foron os precursores do que se deu en denominar "producto de estudio" [discográfico se entende].
Eran 2 rapaciños de bo porte, ós que un estudio discográfico contratou para poñer rostro a unhas letras compostas por outra persoa, e que cantaban un cuarto e un quinto. É dicir, os M&V eran un producto comercial, concebido na súa totalidade para dar uns beneficios dentro de unha industria cada vez + bollante.
O "gran escándalo" dos M&V foi que se descubrise que non eran eles os que cantaban... [en realidade eu penso que o "gran escandalo" foi descubrilo naquela época, pois o público musical aínda era demasiado "inocente"].
Hoxe en día hai moi poucos artistas [nótese que usei o termo artista e non cantante] que realizan tódalas súas actuacións cantando en directo [o "Play Back" está moi extendido hoxe en día], sobre todo os + "comerciais", xa que eses + que cobrar por cantar, cobran por "actuar" é dicir, prestar a súa presencia frente a un público (ou unhas cámaras) representando o papel de cantante.
Vale que, por moito "Play Back" que fagan, fano sobre unha grabación da súa propia voz cun acompañamento musical perfectamente secuenciado. Pero esa grabación foi feita en un estudio, e aposto algo a que non foi feita de un tirón e que tampouco a conservaron tal cual lle saiu á estrela da canción. Veña, que hoxe en día, tendo pasta para pagar tecnoloxía, canta calquera. [que llo pregunten a calquera dos triunfitos]
Pois isto tamén se pode aplicar á industria cinematográfica, e con + motivo.
Unha película é unha obra complexa, composta por diferentes facetas, as cales deben ser realizadas o mellor posible, para que o resultado final sexa o + perfecto posible.
Que a película "The Matrix" se inspirou [baseou, fundamentou] en obras de terceiras persoas? Certo, iso non é nada novo. Precisamente unha desas obras ten un pequeno cameo na primeira parte da triloxía, "Simulacra & Simulation" de Jean Baudrillard [o libro no que Tomas Anderson esconde os discos].
Sinceramente importame pouco se a idea orixinal saiu da mente dos irmáns Wachowski, de Sophia Stewart ou do mesmísimo Baudrillard. O que creo que importa é a repercusión que tivo a idea orixinal, despois de ser modelada e explotada polos Wachowski e a Warner.
En canto ó tema da propiedade intelectual, que se amañen entre eles, que nós xa temos bastante co que temos en España.
En canto ó tema de que "Terminator" tamén é da mesma autora, bueno, hai que recoñecer que ambas triloxías se fundamentan no mesmo, "a revolución das máquinas contra os humanos".
Quen sabe, se cadra dentro de alguns anos, se siguen sen ideas os de Hollywood, poida que fagan unha película comercialoide do estilo "Freddy vs. Jason" ou "Alien vs. Predator, pero enlazando os argumentos das triloxías Matrix e Terminator.
Non me gusta a ciencia fición pero penso que moitas cousas desas ocurren no orde da vida.Na música,no teatro con moitas obras..
Publicar un comentario
<< Home