Benvidos todos ó novo ano.
Conseguímolo! Sobrevivimos ó cambio de ano formando parte da blogosfera!Nos últimos meses as colaboracións en esta bitácora foron medrando pouco a pouco e todos fomos compartindo as nosas inquietudes, ideas e reflexións dun xeito cada vez máis habitual.
Espero que esta racha continúe en este novo ano que empeza e que a participación aumente.
Quixera dende aqui traslada-los meus mellores desexos para tódolos colaboradores e lectores habituais de FozLibre.
Feliz ano a todos!





2 Comentarios:
Xa recuperado do sempre difícil día de aninovo, quero apuntarme tamén as felicitacións de Foz por entrar neste ano 2005 que parece ben cargado de actos culturais en torno á figura de Cervantes.
Espero que a tódolos colaboradores e lectores deste blog vos vaia todo moi ben nestes próximos 365 días e desexo seguir lendo tódalas vosas interesantes contribucións neste espazo de opinión libre que o noso amigo Foz nos proporcionou.
¡¡¡¡¡¡BO 2005!!!!!
Unome a esas felicitacións esperando que cada ano señamos mais.Un abrazo moi forte e Feliz 2005.
Publicar un comentario
<< Home