martes, enero 18, 2005

Obxectos cotidianos con "valores engadidos"...

... coma os móbiles con cámara de fotos, xa non nos sorprenden tanto hoxe en día.

Asi que se vos falo de unhas lentes de sol, de marca, con reproductor de música incorporado, seguramente non vos chamen demasiado a atención ... ¿ou si?

Por se acaso vos entra curiosidade direivos que Oakley xa esta a comercializar en USA, Australia e Canadá (non sei se en algún sitio +) o seu modelo Thump, con reproductor de mp3, wma e wav, de 128 e 256 Mb, incorporado:



[A foto corresponde ó modelo "Night Camo Black Iridium" con memoria de 256Mb ($495,00)]



Como vedes os prezos non son, o que se dí, asequibles (e ese modelo non é o máis caro, oscilan entre os $400 e os $600).

Ademais acaban de anunciar, en colaboración con Motorola, a creación de unhas lentes de sol con bluetooth.

[Podedes ler a noticia en barrapunto e en engadget.com.]

[E aqui tedes a "liña de roupa bluetooth" de Motorola e Burton.]


Non desesperedes se vos gustan as lentes, pero considerades abusivo o prezo (dubido que alguen pense que non o é), a xente de engadget.com ten a solución.