jueves, enero 20, 2005

O que non foi, e o que será... (tamén vai sobre cine)

Alá a principios dos 90 Roger Corman, afamado productor de películas de baixo presuposto, entre as que destaca "La pequeña tienda de los horrores" (pero ten un montón delas, mirade a lista e contadeas, que a min dame a risa), adquiria da Marvel os dereitos para realiza-la película dos 4 Fantásticos.

A cousa foi pasando e alá polo 94, cando os dereitos estaban a piques de expirar, decidiuse a comeza-la rodaxe.

Con pouco presuposto e moita presa a cousa non podia sair moi ben, e de feito así foi.

A película de Corman nunha se chegou a estrear, pero si se chegaron a difundir imaxes da mesma. Esta é a pinta que tiñan os protagonistas:



Ano 2005. Despois da sarta de filmes sobre personaxes de comic que se estrearon... aínda falta algún máis. E se fixeron unha película sobre catwoman, como non facer unha dos "Fantastic Four". [Atención ó dia da estrea ... 4 de xullo!!].

[Unhas fotos :P :]



A que cambia a cousa :)!!!

Se queredes saber máis sobre a película que nunca se estreou podedes consultar aqui e aqui.

[Trailer e web oficial.]