jueves, enero 20, 2005

As traduccións dos títulos en España.

Eu levo moito tempo preguntándome: ¿quen se encarga de traduci-los títulos das películas extranxeiras ó castelán?

Vale que levamos uns anos nos que a tendencia é a conserva-lo orixinal, ou a traducilos literalmente, pero, recoñezámolo, os que son traducidos literalmente son bastante poucos e os que son conservados son bastante simples: un nome, un verbo, ou, ó sumo, o anterior acompañado de algunha que outra "partícula prescindible", (ex: "The Matrix" por "Matrix", menos mal que non traduciron por "La matriz" ... non seria o mesmo :D ).

Pero aínda se conserva esa costumbre de "sacarse o título (en castelán) da manga".

Co tempo que se deben tirar os responsables do proxecto para determinar o título axeitado (vale, non en tódolos casos), aqui en España vamos e cambiamolo completamente por outro que non ten nada que ver ou que, tendo que ver, non aporta o mesmo.

Exemplos hai moitos, comezarei por unha película que se estrea esta mesma semana: "El Grito".

Así, sen máis, a película non di moito. Pódese supoñer que é de terror, pero pouco máis. Incluso vendo o anuncio na televisión, se non se ten ningunha noticia previa sobre a película en cuestión, pouco se pode adiviñar. Nin sequera, a dia de hoxe [20/01/2004], aparece con ese nome na imdb.

En fin, a película en cuestión é o último traballo para a gran pantaia de Sarah Michelle Gellar (Buffy en "Buffy Cazavampiros", Dafne en "Scooby Doo (1 e 2)",...) e resulta ser un remake de unha película de culto xaponesa (de terror por suposto) titulada "Ju-on: The Grudge" (The Grudge é tamén o título do remake).

Segundo o diccionario Merriam-Webster:

Grudge:

Main Entry: 2grudge
Function: noun
: a feeling of deep-seated resentment or ill will
synonym see MALICE


E sen irnos tan lonxe [diccionarios.com]:

grudge
1 noun resentimiento, rencor m.

Vamos, que nin sequera é unha traducción literal.

E para lia-lo asunto un pouco máis (asegurovos que pode liarse moito máis), cabe mencionar que "Ju-on", en España, titulouse "La Maldición". Remitovos a un post anterior de playb sobre estas películas.

[Poster orixinal da película]



Outros exemplos de traducción que, baixo o meu punto de vista, quitanlle forza ó producto (que ben me quedou iso :)!! ):

"El mensajero del miedo" por "The Manchurian Candidate".
"Misteriosa obsesión" por "The Forgotten".
Calquera sobre Bourne:
"El caso Bourne" por "The Bourne Identity".
"El Mito de Bourne" por "The Bourne Supremacy".

[As peliculas podedes buscalas na imdb.]

E un longo etc...

¿Ocurresevos algunha máis?