Consulta
No meu blog privado dou mais detalles do asunto, pero con isto é abondo.Pois nada, que despois de machacar-me durante un par de semanas traducindo cousas da gui de KDE ao galego, empregando a norma de mínimos reintegrados, vou e envio-lle os primeiros 6000 msgid ao coordinador, e resulta que non mos admite. O motivo declarado é que conteñen moitas faltas de ortografia, pero da mostra que me envia, a maioria son cuestions de acentuazón (nota: erros seguindo a norma oficial, non a de mínimos), unha un erro pola sua banda (cima), outra unha expresión pouco clara, ainda que as alternativas non son moito mellores, e unha si é un erro meu.
Agora, tras unhas 25 horas invertidas, prantexa-se-me unha dúbida (dado que tenho claro que realmente non son tantos os erros de traduzón), que fago?
Pasou-se-me pola cabeza a posibilidade de abrir um fork en sourceforge, algo asi como un proxecto "kde-l10n-gz_es", pero non o teño moi claro.
Esperarei aos próximos dias, a ver que fai este rapaz cos documentos.
A verdade é que penso que un dos problemas é que usei un tradutor semi-automático, que translitera desde o portugués ao galego, e polo que teño visto na lista de correo do proxecto trasno, isto non é algo que teña boa fama. Espero que este non sexa o motivo real, seria moi triste.
Ven-se-me á cabeza unha pergunta que deixou na lista de correo do projecto kde unha rapaza chamada Susana Sotelo Docío:
A cuestión é: que é mellor, a tradución dunha tradución
ou nada?





2 Comentarios:
Particularmente considero que a mellor forma de ser fiel [en maior medida] ó texto [e sentido do mesmo] orixinal é ir directamente á fonte, ó propio texto orixinal [no idioma que sexa], mais o problema sempre radica na capacidade de cada un para comprender dito texto. [no meu caso capacidade nula a menos que sexa en galego ou castelán, e aínda así... :D].
Por outra parte estiven revisando a entrada paralela na túa bitácora... e a miña modesta opinión, se se me permite, é que por un lado o coordinador e ti non vos poñedes dacordo coa normativa a usar.
Non sei se resultaría moi útil realizar traduccións paralelas usando normativas distintas, pero o que non me parece ben é misturalas.
Por outro lado eu seria partidario da interpretación e adaptación do texto orixinal [sempre dende o texto orixinal, dado que se se usa un texto traducido previamente a un idioma que resulta + cómodo para traballar, sempre se corre o risco de "perderse na traducción"], dado que pode ocurrir que orixinalmente usen expresións de uso coloquial que non se presten demasiado ben a unha traducción literal e no seu lugar encaixe mellor algunha expresión autóctona que teña o mesmo significado.
[Vale, xa sei que non se trata de adaptar o guión dunha película para a dobraxe, pero, ó fin e ó cabo ¿non se trataba de realizar unha UI agradable, comprensible e na que o usuario se sinta cómodo?].
Se cadra non é un bo exemplo para o que comentaba anteriormente, pero no caso:
#: fileList.cpp:65
msgid ""
"Here is a list of every files that will be read by KSystemLog to
display
"
"the current log lines."
msgstr ""
"Aqui hai unha lista de todos os arquivos que serán lidos por
KSystemLog "
"para mostrar as liñas actuais do rexisto."
Eu nin usaría "aqui hai" nin "aqui está", eu simplemente adaptariao por "Esta é" [vale que falo de algo fora de contexto, necesitaria coñecer exactamente onde encaixa esa mensaxe].
Non é só problema de que haxa várias normativas, senón que ademais, dentro dunha mesma norma, ao haber várias persoas, traballando ao longo de vários anos, hai diferentes opzóns, todas elas (correctas).
En calquer caso, dadas as circunstáncias (ver en baixo), isto considero-o un asunto secundário.
Son consciente de que a mellor maneira de ser fiel ao sentido orixinal do texto é traducir desde a fonte. Porén, aqui considero que hai que ter un sentido mais pragmático que purista:
-O paquete kde-l10n-gl.deb caeu de debian/testing. Non lle perguntei ao empaquetador, pero até onde penso, pode deberse a non ter completas as kdelibs (maioritariamente en mínimos grazas/desgrazas a min), e a kdebase (maioritariamente supoño que en norma oficial). Isto é importante para min, pois, para que quero algo tecnicamente perfeito se non está a disposizón pública?
-Dentro das próprias traduzóns en norma oficial, para alén de diferenzas surxidas das diferentes versións que foi habendo da norma oficial, hai auténticas patadas, e non me refiro só a traduzóns literais en exceso, senón a castellanismos, e outras patadas. Nalgun caso hai dá-se o seguinte:
"_:%1 ficheiro\n"
"%1 ficheiros" (nota: sobra o _:, que é unha marca especial de gettext).
Dado o anterior. Por-lle á traduzón semi-autimática reparos é algo asi como legalizar o licor de herbas pero non o licor café (tendo en conta cantos dos erros son de norma e cantos gramáticos/léxicos)
As mensaxes longas, que veñen a ser aquelas nas que hai gramática involucrada (ou sexa, non mensaxe do tipo "Abrir ficheiro" "Mostrar a barra de ferramentas), soen ser de informazón "What's this?", ou "Sabia que...", hai moi poucas mensaxes longas nos diálogos de asistentes. Por tanto, a probabilidade de atopá-las é baixa, pero iso si, cando as atopa deben ser claras, porque polo xeral vai a elas en busca de axuda.
Respeito desa mensaxe en concreto, en efeito, o mellor é "Esta é a lista dos ficheiros que serán lidos por KSystemLog", é unha mensaxe que posibelmente estexa nun tooltip. Grazas, teño que pasar-che outros poucos centos a ver que atopas.
Ao fin, como quedamos?, que opzón me recomendas?. Estiven a comentá-lo coa muller, e a ela parece-lle que o de aceitar no pasado mínimos reintegrados e agora non pois non lóxico. A min non me apetece un carallo abrir un fork, polo traballo de administrazón que supón, pero sinto-me perfeitamente capaz de conseguir traducir a interface do kde ao galego coa norma de m.r., antes do previsto.
Aconsellai-me, please!!!
(cáchis, pasouse-me unha en inglés)
Publicar un comentario
<< Home