jueves, diciembre 08, 2005

Pasou por aqui...

Marce, recentemente incorporado e colaborador activo nas últimas semanas, parece que lle colleu o pulso á blogosfera e por fín se decidiu a expresarse por libre.

Dende aqui queremos felicitalo pola súa decisión e desexamoslle toda a sorte coa súa nova bitácora "Passava por aqui".

Aproveito tamén esta entrada para chamar a atención de todos vós con respecto a que xa levamos máis de 16 meses en liña [debo recoñecer que eu nunca pensei que poderiamos durar tanto :D], e todo gracias a vós que, pouco a pouco, ides poñendo o voso gran de area, sexa visitándonos ou aportando novas historias.

GRAZAS A TOD@S