Software Libre vs. Congreso dos Deputados
Onte [13-12-2005] o Congreso Rexeitou por aplastante maioría [290 votos en contra fronte a 15 a favor] unha proposta de Ley presentada por ERC e IU-ICV [apoiada polo BNG e CHA], coa que pretendían impulsa-la implantación do Software Libre na administración central.Os argumentos esgrimidos polos partidos maioritarios para opoñerse á medida foron tan variopintos e pouco orixinais como:
"los parlamentos deben fomentar la competencia de todo tipo de software y evitar intervenir con requisitos que discriminen y limiten la libertad” [José Ignacio Echániz, PP].
"los monopolios no son buenos, pero no se puede restringir la libertad de elección" [Lourdes Muñoz, PSOE]
A conclusión que personalmente saco é que, ou ben non teñen nin idea do auténtico valor e beneficios do Software Libre [sen mencionar os perxuicios que estan causando a un grupo da poboación que si aposta por este tipo de licencias], ou que realmente non lles interesa porse en contra dos de Redmond [Sr. Gates & CO.].
Malia que os grupos que presentaron a proposta enumeraron ás súas señorías as vantaxes, recalcando o beneficio económico, que suporía a utilización de ferramentas de código aberto,... "non houbo maneira de desmontalos do burro".
Eu preguntome:
Se realmente é certo que pretenden favorecer a libre competencia [que realmente me parece perfecto, se se aplicase correctamente]... ¿por qué as administracións públicas [xa sei que non todas] obrigan a usar documentos en formatos propietarios?
¿Por qué o goberno [e principais partidos da oposición] non vé con bos ollos unha iniciativa que pode supoñer un alivio económico para tódolos españois? Porque as licencias de software que se pagan ás empresas proveedoras [lease Microsoft] non deben ser pequenas!!!
Un par de datos curiosos que me gustaría destacar do que lin na nova:
"...Echániz negó que se haya aprobado ninguna iniciativa similar en ningún país del mundo..."
Que pasa! Que se non o fai ninguén, ¿os españolitos non podemos ser os primeiros?
"Jordi Vilajoana, diputado de CiU recordó que incluso en las pruebas de selección para puestos públicos en Cataluña se pide a los aspirantes que expliquen de memoria el funcionamiento de programas como el Office de Microsoft, al no disponer de ordenadores para hacer la prueba..."
Pois si que están ben as oposicións!!! :P Se para optar a un posto na administración pública tes que aprenderte de memoria os intringulis dun programa determinado [sexa libre ou non]... apaga e vámonos!!!
A ver se nos enteramos, que as aplicacións ofimáticas non se quedan no MS Office, nin o retoque fotográfico no Photoshop!!!
Despois danse casos como o que me comentaba o amigo Barry: "...te paso el documento en formato windows...".
Ou a materia informática [medio obsoleta] que se tivo que aprender o amigo JCCV para a oposición.
Via barrapunto e El Pais.





1 Comentarios:
De feito, si existem iniciativas ao respeito en países do nosso entorno --claro que dos que tiram, nom dos que choram fondos de coexom-- lea-se Noruega (se nom é esse, e outro dos nórdicos), polo cal, no em algo menos de dous anos, o fluxo de dados entre as administraçons públicas, e de estas cara ao cidadao, serám em formatos públicos.
Em fim, o 5% dos parlamentários estivo a favor... algo é algo, umha cifra estatisticamente nom desprezável.
Publicar un comentario
<< Home