martes, diciembre 13, 2005

O REFLOTE DA XUSTIZA

Boas, so quería facer unha mención ó reflote da xustiza neste pais, gracias a quen sexa (a Deus non xa que un é agnóstico), pois como saberedes estase levando a cabo un proceso xudicial para determinar responsables na causa PRESTIGE (quitando ó pobre capitán do barco). Espero que este proceso lento, lento, obteña os froitos que os galegos desexamos.

Saudos

8 Comentarios:

En 12/14/2005 3:13 p. m., Blogger Telele dixo...

Non creo que "todos os galegos" pensen igual ca tí.Non tería gracia.

 
En 12/14/2005 7:55 p. m., Blogger foz dixo...

Evidentemente non tódolos galegos pensan coma el... senón a que viria o teu comentario.

[Ui! perdoa, xa desvelei que eras galego...! :P]

 
En 12/15/2005 9:36 a. m., Blogger Barri dixo...

Tamén é certo, din por suposto que todos os galegos desexan que os culpables de que as nosas costas ainda esten asfaltadas sexan procesados para que se lles aplique as correspontes sancións por neglixencia. Polo menos, pensaba que todos os galegos lle tiñan aprecio á nosa terra.

 
En 12/25/2005 12:05 p. m., Blogger Telele dixo...

Eu este ano comín marisco,igual e que o soñei.
Sonache o comentario "Ojala volva outro prestige".
Outra pregunta ¿Que medidas se tomaron dende que ocorreu?.Ningunha.
¿Pareceche pouco castigo a perda do poder?.
¿Que medidas houberas tomado tí?.
Tú non sabías que "NAIDE" quixo o barco.
Tú non te das cuenta que era a mellor opción si querías recibir axudas.
Que eu pense que se adoptou a medida mais correcta non quere dicir que non queira como o que mais a miña terra.

 
En 12/25/2005 12:14 p. m., Blogger Telele dixo...

Por certo non me lembraba.¿Cantos mortos houbo no Prestige?(volvo a repetir eu comin marisco igual que sempre.
Creo recordar que hay pouco houbo outro acidente en Burela dónde sí se lamentaron victimas (Deso non falas non che interesa).E que eu sepa non dimiteu naide (o ser "progres" perdoaselle ).Claro a dereita non fai comedia.
Pois si non o sabes mandaron que viñeran buzos desde "Zaragoza".
Cando os hay en Ferrol(militares e moi bos profesionales) e mais cerca ainda en Alumina Aluminio.
Ou sea que non me veñades ahora con cintas que xa hay 2 anos que estan en Bruselas.
Terían que estar mais pendientes a gobernar e non a facer oposición.

 
En 12/25/2005 1:58 p. m., Blogger foz dixo...

Bueno! É o que me faltaba por ler!!

Ahora saes co conto de que se o do Prestige se fixo como se fixo, foi por recibir subvencións? Veña home, que non cola!

Admitide dunha vez que a opción tomada non foi boa e deixade morre-lo conto.

Dis que estas festas ti comiches marisco... que eu sepa, cando foi o suceso tamén houbo marisco nos mercados [menos cantidade, e a maioría de fora de Galicia].

O que non vou a consentir é que se frivolice co que pasou co "Siempre Casina" e moito menos se use como argumento político [eso xa é á desesperada].

O "Casina" era un barco pesqueiro.
O accidente do casina produciuse lamentablemente antes de que puidesen alertar ás autoridades.

Explicame ti quen deberia ter dimitido por este accidente, ¿a quen fas ti responsable?
Quizais ós servicios de salvamento que interviron rápidamente e que peinaron a zona do afundimento dende o aire?

O feito de que se viñesen buzos dende Zaragoza respondería a algún motivo que se me escapa [e que non discuto que fose interesado]. Pero o feito [e non creo que se che ocurra discutilo] é que a actuación deste equipo de rescate foi axeitada.
En ningún momento escoitei ningunha alternativa ó procedemento usado.
Algúns dirían que foi lento [que tardou algún día de +] pero a xustificación ten o seu peso [había risco de que ROMPESE O CASCO (sónache?)].

En calquera caso, pareceme moi baixo usar ese argumento para defenderse de algo do que xa non vos queda xustificación.

 
En 12/26/2005 4:18 p. m., Blogger Barri dixo...

Facha, vamos a ver se nos centramos e non facemos demagoxia gratuita sobre todo co tema do casina onde morreron persoas.
Para empezar vouche comentar dasto verídicos e ó final dígoche as fontes que se te molestas un pouco podes sabe-lo coma min.

1º.Ti comerías marisco, espero que che aproveitara, tamen espero que fose galego, que por suposto claro que o hai...pero moito menos:
no total das lonxas da costa da morte, redudiuse a un 10% a facturación con respecto ós anos anteriores á catástrofe ecolóxica do Prestige.
2ºComo consecuencia desta reducción, un de cada cinco barcos de pesca de baixura desta zona déronse de baiza na cofradía (e dirás ti, algún se daría de alta, si, algún;concretamente un 500 % menos que anos anterios á mencionada catástrofe).
3º-No tocante a que ninguén quería o barco, eso foi o que dixeron (chámase intento de lavado de cara) é totalmente incerto porque se Capitanía marítima dice que se mete o barco en porto, métese e punto, que para eso é quen ten as competencias na materia.
4º-Non se levou o barco a porto porque non foi unha decisión dos técnicos competentes na materia, senón dos políticos incompetentes na materia.
5ºAs cintas levarán moito tempo en Bruselas, pero xa se sabe que a Xustiza é lenta, e saen agora á luz pública; por certo, parece que che molesta, nin que foses ti o que saes nas cintas!!!
6º-No tema do casina....as competencias de salvamento están transferidas á xunta, logo ó meu entender, foi unha decisión da consellería correspondente da xunta de Galicia quen debe dicidir nun caso deste tipo. Por certo, agora non lembro quen gobernaba daquela, igual mo podes decir ti,( a todo esto, para min non foi unha mala actuación de salvamento).
7ºQue se fixo dende aquela, pois o goberno galego nada ata fai un mes, no que se botou un remolcador decente, ó parecer o mellor da península. Fai duas semanas aceptouse no parlamento galego a creación dun corpo de buzos especialistas en búsqueda e rescate.
Bueno, se en catromese se tomaron estas decisións, non está mal, xase fixo mais que no tempo de goberno do PP en mais de dous anos despois da catástrofe.
8ºNON NECESÍTARÍAMOS AXUDAS SE NON HOUBESE CATÁSTROFE, E ESTAS SERÍAN MENORES CANTO MENOR SEXA A MAGNITUDE TRAXEDIA ECOLÓXICA, SOCIAL E ECONÓMICA, É DE SENTIDO COMÚN.
9ºFeliz Cumpreanos.

P.D.As fontes son as distintas cofradías e Lonxas afectadas.

 
En 1/02/2006 7:49 p. m., Blogger Telele dixo...

Ya responderé en condiciones, no tengo tiempo en estos momentos, por desgracia o por suerte tengo que trabajar.Pero sòlo un comentario rapido.
Soy Gallego y Español y me siento muy ORGULLOSO de serlo.No sé a lo que viene lo de "Uy perdoa que dixen que eras Galego".
La derecha no concibe Galicia sin España , ni una España sin Galicia.
Cada uno es muy libre de pensar lo que quiera.

 

Publicar un comentario

<< Home