AGEDI
A ninguén sorprenderá, nos tempos que corren, o feito de que a xente ten tendencia a subirse ó carro do que mellor lle vai, sobre todo cando hai cartos polo medio.Explícome...
Como se xa non fose suficiente a murga que está a dar a $GA€ co tema dos dereitos de autor [e o que realmente lles interesa, cobrar por eles], ahora parece que hai outra entidade (polo menos eu descoñecia a súa existencia) que fai o propio pero cos dereitos dos productores: AGEDI.
Eles defínense como:
...una Asociación, sin ánimo de lucro, constituida por los productores fonográficos para gestionar de forma colectiva el derecho de comunicación pública y el de reproducción para dicha comunicación pública, de sus fonogramas y videos musicales...
[Continuando con definicións:]
[RAE:] Fonograma:
(De fono- y -grama).
1. m. Ling. Letra o conjunto de letras que representan un fonema.
2. m. Tecnol. Registro del sonido en soportes especiales que permiten su reproducción.
Eu entendo que estes da AGEDI cobran polo continente, mentres que os da $GA€ cobran polo contido. Ou, o que é o mesmo, mentres os de sempre cobran por que nós escoitamos ou vemos a obra, os outros cobran polo soporte onde está almacenada a mesma [lease: CD, DVD, VHS, vinilo,...].
¿Que será o próximo? ¿Cobrarnos polo artwork da obra?
En fin, mentres esperamos á próxima "entidade de xestión", os de AGEDI xa fixeron das súas (como non) en Galicia [internautas.org].
[Off Topic:]
Por certo, se vos pasades pola web de AGEDI botádelle un ollo ó código fonte da páxina e mirade con que foi creada.





0 Comentarios:
Publicar un comentario
<< Home