martes, enero 10, 2006

SGAE: 1 - INTERNATAS: 0

Primeiros danos no conflicto SGAE e os internautas.

Pero, ó contrario de como viñan vaticinando Bautista & CO., os perxudicados non foron os artistas, nin as discográficas, nin as tendas de discos.

Trátase da empresa Bocsa, adicada á fabricación de CD's virxes.

Resumindo: 30 persoas na rúa por culpa do "CANON da SGAE".

Da nova xa se fixeron eco varios sitios, así que me limitarei a enviar o meu apoio ós traballadores afectados, amosar a miña repulsa contra o "CANON da SGAE" e incluir un par de enlaces por se queredes informarvos mellor:

Asociación de Internautas

Barrapunto

2 Comentarios:

En 1/12/2006 1:01 a. m., Blogger foz dixo...

Buscando unha antiga entrada para ilustar o meu seguite post atopeime con esto.

Crin convinte rescatalo a colación do tema do presente post.

 
En 1/13/2006 1:04 p. m., Blogger marce dixo...

Danos colaterais, externalidades se sodes puristas, efeitos secundários se preferides traducir literalmente do inglés, no cando de facer adaptaçons fonéticas. Hai-nas en toda guerra, e sobretodo nas económicas (onde externalidades se pode equiparar a baixar civis).
Eu proponho o seguinte para acabar co pensamento monolítico dos partidários do sistema clásico de distribuiçom de música (onde música == disco):

- Sistemas de publicitaçom e indexaçom de novos grupos (jamendo é um deles, hai mais), tanto daqueles onde a descarga é pagada como gratuíta ou á vontade.

- Criaçom dumha rede de locais onde se fagan actuaçons ao vivo --como se tentou co mov. bravú--, imprescindíbel para que os músicos tenham umha fonte de ingresos.

- Promoçom dos grupos "copyleft" por parte dos concelhos, nos concertos de veráo, solicitá-lo no pub de sempre, etc (guerrilhas, que se chama).

- Deixar de chamar-lhe à música "cultura", onde nom é mais que um entretemento, igual que entretemento som tanto "shreck" como "Más P'adentro". Ou alguém cré que a música de Bisbal, ou de J. Iglésias, será tocada dentro de 50 anos?

 

Publicar un comentario

<< Home