miércoles, enero 11, 2006

Volven Jay e Silent Bob ... en Clerks 2.

Kevin Smith volve á carga retomando a historia que o lanzou á fama.

Alá polo 1994 via a luz Clerks, a primeira longametraxe do que, a partir de entón, se convertiría nun dos directores de culto de finais dos 90 e principios do novo século.

O filme, rodado en branco e negro, con poucas localizacións e menos presuposto, supuxo tal éxito que Smith foi fichado por Miramax, e desa unión sairon obras como: Mallrats ou Persiguiendo a Amy [que xunto con Clerks forman a denominada Triloxía de Jersey].

Alá por decembro do 2004 xa avanzabamos a [daquela] próxima rodaxe da que se deu en chamar Clerks 2: The passion of the clerks.
Hoxe xa temos a certeza de que o filme é toda unha realidade. Incluso xa existe un teaser on-line.

Por certo, outro punto para Kevin Smith por realizar paralelamente ó proxecto de filmación un video diario on-line onde se vai informando ós seguidores de como avanza o proxecto, en lugar da típica web promocional carente de contidos.

Algo que destacar do filme ... Rosario Dawson :P e que desta vez é en cor [jeje, non... xa iremos dando máis detalles].

[Gracias a _Diego111_ por enviarme o enlace.]

[Off topic]

Leva uns días circulando por aí un video onde se ve a Smith comentando o guión da nova película de Superman [proxecto para o que tamén escribiu un guión ... que se rexeitou], pero paso de comentar nada podendo poñer enlaces:


¡¡¿Aínda non vistes ningunha peli de Kevin Smith?!!


¡¡Xa estades tardando!!