Reis Magos
Acabo de receber umha chamada de Carlos (o Médico, e tamém presi da A.VV. de Fazouro)...a ver, pergunta:
A que nom sabedes quem vai ir de rei mago em Fazouro???? (*)
Manda güevos que tenha que ir um republicano, pero oes, fai-me ilusiom ainda que nom deixa de ser um mal momento, sobretodo cando dis umhas palavras para o público, pero estava eu algo preocupado porque havia tempo que nom lhe facia falha á associaçom.
--Nota: Facendo memória, o peor som os adultos que te ponhem nervoso, os cativos nada, calquer cousa s abonda-lhes--
(*)Resposta: Marce





8 Comentarios:
Pois a verdade é que non sei se darche os parabéns ou, pola contra, compadecerte de tan ardua tarefa para a tarde de reis.
Case mellor que te vou felicitar porque seguro que disfrutas cos cativos.
Só espero que non che toque ir de rei negro (como a min sempre me pasou) porque é un auténtico coñazo ter que pintarse de negro. Custa demasiado sacar despois a pintura !!! Bos Reis
Non me jodades!!! Os reis magos son de Fazouro?
En fin, rapaz, xa se sabe... cando se vive en un sitio pequeno, un xa conta con que, algún día vai ter que prigar [facer de rei mago, ir para a mesa electoral, facer de monaguillo na igrexa, ... ].
Pero mirao deste xeito... ti só terás que aguantar unha noite [e nin sequera enteira]... o peor teno quen vive ó lado do local onde se celebra a velada e non tiña pensado sumarse á festa. :) [aproveitando... alguén ten un sitio onde durmir para venres? se é rapaza e solteira mellor :P]
Por certo... marce... estou a tempo de enviarche por e-mail a miña wishlist para o día 6? Ou xa dispoñedes de conta en del.icio.us? Asi podería compartila :D [for:Magos.Oriente]
@ Barry: E logo, ti nom o sabias, pois si, de Fazouro, pero esixe-se ter ascendéncia en Celeiro de Marinhaos, ... e joder jodemos... o que podemos, coma todos x-D
@Foz: Ter teño, pero case melhor que te escapes o sábado, non?
ACERCA DAS CARTAS AOS REIS MAGOS:
Aceitam-se até o último momento, que para algo facemos máxia (sacamo-los da manga), o que passa é que a carta tem que vir acompanhada dum xiro postal polo importe dos agasalhos + gastos de envío.
Joder, que desque aos paxes lhes deu por esixir os seus dereitos como trabalhadores isto puxo-se que nom vexas.
Ahora que pasou a noite máxica... viña ben unha foto do Rei Mago non? :D
Asi que tes ascencencia en Barreiros, desertor!!!!!!!
As fotos estám reveladas, pero como um é pobre, carroçom e casado, só tenho cámara de carrete, haverá que esperar a que as escanee.
Tranquilos, subirei-nas á minha bitácora, e darei-vos a nova cando as tenha.
Eu ofrezome a escanearchas :D.
E seguro que o amigo JCCV tamén.
A pregunta é... que licencia usarás para as fotos? :D [Creative Commons?]
Publicar un comentario
<< Home