Icono de sindicación.
En FozLibre queremos sumarnos á recente iniciativa que pretende unifica-la iconografía dos enlaces de sindicación na blogosfera.... cualo?!
Os que levades tempo en isto da blogosfera seguramente xa levaredes tempo usando agregadores de feeds para simplificar a consulta das vosas bitácoras favoritas.
Asi que isto vai para aqueles que ainda seguen consultando, unha por unha, tódalas bitácoras a través do navegador...:
A grande maioría dos sitios de novas de internet poñen a disposición dos seus visitantes un enlace de sindicación ou feed que permite, usando un programa agregador, recibir cómodamente os titulares das novas de cada sitio ó que se está sindicado, e así poder seleccionar aquelas que resulten máis interesantes.
Simplificando, o funcionamento dun agregador é similar a un xestor de correo.
¿Como identifica-los enlaces de sindicación?
Se acostumbrades a visitar distintas bitácoras ou sitios de noticias, seguramente vos fixariades que en moitas delas aparecen uns pequenos iconos como este:
, ou este:
[que son os máis habituais], ainda que non son os únicos.Precisamente esta variedade iconográfica para a representación da mesma cousa é coa que se pretende acabar.
¿Cal é a proposta?
En microsiervos explicano mellor, pero, básicamente a inciativa xurde a raíz de que microsoft decidise adoptar en Internet Explorer o mesmo icono que usa Firefox para indica-los feeds de sindicación. [os que usades firefox: o cadrado laranxa con 3 arcos que aparece (segundo a versión) á dereita da barra de estado ou na barra de ferramentas].
Polo tanto, o que se pretende é que se use ese mesmo icono en tódolos sitios.
En feedicons.com, sitio oficial da iniciativa, podedes descargar un paquete cos iconos para usalos libremente e incluso modificalos para que se axusten á imaxe da vosa web. O paquete inclue os iconos en cor laranxa en distintos tamaños e formatos gráficos [para web], e os mesmos iconos en escala de grises e formato psd [photoshop], cun tutorial para poder modificalos ó voso gusto en este programa [para os que usades gimp tedes un tuto aqui].
Nós xa empregamos o icono [
E animamos a tódolos nosos colaboradores [e lectores] que dispoñen de bitácora propia a que se unan á iniciativa.





0 Comentarios:
Publicar un comentario
<< Home