domingo, febrero 05, 2006

Recordando vellos tempos...


O outro día ía no coche escoitando a radio e sorprendeume escoita-lo anuncio dun programa para as madrugadas do sábado e domingo dirixido, nin máis nin menos que, por Tony Peret.

Facía tempo que non o escoitaba nunha emisora de radio.
As últimas novas que tiña del eran que facía un programa para Máxima FM, pero pola zona non se recibe, e por aquí o ancho de banda brilla pola súa ausencia asi que quedou descartado o de escoitalo en liña.

Foi co seu programa "It's your time" co que me afeccionei á radio [afección que teño algo aparcada dende fai algúns anos].

A verdade é que fai moito tempo que deixei atrais a miña etapa de "Chumbeiro", pero debo recoñecer que foi unha época na que o pasei moi ben [e estou seguro que algún de vós tamén].

Por se algún de vós sente curiosidade e lle gustaría volver a escoitar a este "mestre", pode facelo sintonizando os sábados e domingos de 0:00 a 3:00 a.m. cadena 100, o prográma chámase "80, 90 y 100" [non tiven ocasión de escoitalo, pero polo título supoño que misturará algo de revival con novas produccións].