IN MEMORIAM unha vez máis
Tristemente me vexo na desagradábel situación de aplacar a miña ansia de dicir algo sobre alguén que non pasou desapercibido para min nos últimos anos, e que estivo presente en diferentes etapas da miña vida.Tristemente ledas lembranzas.
Que pasaría se un día desaparece algo que estivo presente no continuo, e incondicional camiño vivencial que nos leva ao destino? Pois así de baleiro será o traxecto agora para aqueles que nos acostumáramos a que a luz da lúa alumeara as nosas noites, tristes, ledas, insulsas, apaixoadas, inexistentes, inesquecíbeis...
Pois deste xeito, tristemente adeus. E é que as voces nunca se apagan, e hai amigos que nunca coñecimos.
Este fin de semana morreu aos 41 anos un amigo que nunca coñecín, que me enfeitizou e me fixo ver o son e escoitar os libros. Ben seguro que houbese moitas cousas que non me gustasen del e que fosemos ben distintos, pero foi un gran amigo descoñecido que pulou por min en momentos complicados, participou das miñas ledicias e alumeou noites de fasquía.
O legado de Juan Antonio Cebrián está a salvo





0 Comentarios:
Publicar un comentario
<< Home